Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Esta metodoloxía está pensada para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e activar as capacidades que permiten acadar competencias de aplicación á realidade.
O traballo será realizado en pequeno grupo, guiado, avaliado en proceso e avaliado en resultado.
A base sobre a que se aplican os criterios de avaliación é a das competencias da materia a través da participación do alumnado nas sesións de introdución e de seguemento e a memoria onde se recolle o traballo realizado.

Ningún traballo se poderá dar por finalizado ata que non acade a cualificación de apto.
25 B3
B4
B6
B7
B8
B10
B11
B12
C22
C23
C24
C69
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D21
D22
Presentacións/exposicións Neste apartado terase en conta a presentación pública dos traballos tutelados, así como a presentación e debate ou posta en común en aula dos exercizos e dos seminarios. Polo tanto, neste apartado é no que se valoran especificamente as competencias relacionadas coa comunicación e a participación nas aulas A, na presentación pública da memoria do proxecto de investigación B, e nos seminarios das horas C. 15 B11
C69
D1
D3
D5
D9
D18
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Esta metodoloxía está pensada para aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis nos temas.
No material preparado pola docente fanse suxestións que orientan ao alumnado para este fin, pudendo tamén o propio alumnado afondar en aspectos que non estean suxeridos pola docente.
Este traballo voluntario pasará a formar parte do cartafol individual do alumnado e permitirá sumar para a avaliación final.
5 B3
B6
B8
B10
B12
C22
C23
C24
C69
D1
D3
D14
D15
D16
D20
D22
Seminarios
Cada grupo C terá 8 sesións en seminario (horas C) ao longo do cuadrimestre.
Para o seu desenvolvemento será preciso que o alumnado se coordine, se documente e traballe previamente, individualmente e en grupo, coas lecturas e indicacións propostas.
Nas sesións de seminario cada participante intervirá presentando as conclusións ás que chegara, de modo que se comparta o coñecemento e que se debata en grupo.
15 B3
B4
B6
B7
B8
B10
B11
C22
C23
C24
C69
D1
D2
D3
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D22
Probas de resposta curta Durante o desenvolvemento do curso realizaranse, de xeito voluntario por parte do alumnado, 10 probas de coñecemento de resposta curta sen apoio de apuntamentos nin material de consulta. Para a súa realización tomarase como base os contidos dos temas e os exercicios propostos ao final de cada tema. Serán avaliadas de inmediato e devoltas ao alumnado para a súa comprobación e comentario en aula. permiten manter o ritmo de traballo e a retroalimantación respecto do resultado. De superarse estas probas non será necesario facer ningunha outra proba de coñecemento. Para iso non deben suspenderse máis de 4 por debaixo de 4, ou máis de 3 por debaixo de 3.5. O total de suspensos que se poderán acumular con estas cualificacións non deberá ser superior ao 40%.
30 B6
B8
B9
B10
B12
C22
C23
C24
C69
D1
D14
D15
D20
Cartafol/dossier O cartafol é de realización voluntaria e persoal, flexible segundo os intereses e necesidades da cada alumna/o. No cartafol irase plasmando o traballado realizado durante o curso: resolución de exercicios de entre os recomendados ao final de cada tema, pescudas, recensións, cometarios sobre vídeos e películas, ..., nel poderanse incluír elementos concernintes ao traballo de aula A, B ou C. Por exemplo,
pódense incluír aspectos concretos relacionados co traballo de investigación tutelado de grupo que non teñan cabida na memoria.
O cartafol poderase ir revisando na titoría ao longo do cuadrimestre por solicitude do alumnado ou da docente.

5 B3
B4
B6
B8
B9
B10
B12
C22
C23
C24
C69
D1
D2
D3
D6
D13
D14
D15
D16
D18
D20
D22
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A proba presencial de resposta longa (desenvolvemento dun tema ou dun cometario de texto) ten caracter voluntario e marcará a diferenza entre o notable e o sobresaliente ou a MH. Terá lugar na data da proba final oficial.
Disporase de dúas horas para a súa realización e poderanse consultar materiais como o cartafol ou outras lecturas de consulta.
Nesta data oficial final participarán tamén as persoas que non acadaran unha avaliación contínua positiva ao longo do desenvolvemento do cuadrimestre pero cun tipo de proba que contemple unha mestura de preguntas curtas e longas. Tamén disporán de dúas horas para o seu desenvolvemento. Neste caso deberase acadar unha cualificación que permita facer media coas demais partes da materia, podendo chegar ata o 30% previsto para a avaliación continua coas probas de resposta curta.
5 B6
B8
B9
B10
B12
C22
C23
C24
C69
D1
D3
D14
D15
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A segunda convocatoria (avaliación de xullo) terá os mesmos
requirimentos, de tal maneira que as partes superadas na primeira non hai que
repetilas.

A data de exame pódese consultar na web da facultade no apartado de organización académica.

http://feduc.webs.uvigo.es/

As persoas que non poidan asistir con asiduidade debarán acordar coa docente unha sistemática de traballo en horario de titoría, deberán realizar os traballos correspondentes ao seminario e ao proxecto de investigación e realizar as probas de coñecemento en forma de parciais ou no exame final.

Recoméndase encarecidamente que se lea esta
guía con atención para poder aclarar as dúbidas xa na sesión de presentación da
materia o primeiro día e non pasemos o curso aclarando cuestións que xa están
recollidas neste documento.

Recoméndase poñer atención á documentación que
se sube á plataforma virtual de teledocencia FAITIC. Nela están desenvolvidos os temas,
esquemas de traballo, fichas e guións para realizar comentarios e outros
traballos voluntarios, guías (como a de análise de películas con perspectiva sociolóxica),
novas, anuncios, calendario previsto de realizaión do programa e datas das
probas de avaliación.

Ningún traballo tutelado vai darse por
finaliazado ata que non acade a cualificación de apto.

Debe poñerse atención á bibliografía máis
ampliada e bases de datos importantes para o desenvolvemento dos traballos.

Recoméndase ver os vídeos, documentais e
películas que se propoñen nos diversos temas da materia pois contribúen a abrir
o foco e a mellorar a comprensión do tema.

 Tamén é importante ler a prensa e estar ao
tanto dos acontecementos, e ter unha actitude aberta, curiosa e crítica ante o
mundo. 

Polo tipo de materia que é fáise máis fincapé
nos aspectos reflexivos que memorísticos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000