Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo • Descrición: este é un tempo reservado para atender e resolver dúbidas do alumnado.
Durante este curso cada alumna/o deberá dedicar 3 horas a esta actividade.

• Obxectivos:
o Atención, seguimento e orientación do alumnado.
o Intercambiar información, perspectivas e coñecementos.
o Favorecer o feedback entre as persoas que compoñen o curso: entre o propio alumnado e entre docente e alumnado sobre os contidos e tarefas desenvolvidas na materia.
o Seguimento da comprensión de conceptos e contidos así como resolución de dúbidas.
o Asesoramento na procura de información.

• Modalidade: guiada.

• Natureza: teórica e práctica.

• Escenario: despacho 113, aulas C ou B

• Grupos: reducido (entre 4 e 9).

• Tarefas do alumnado: identificar as dúbidas e problemas de comprensión e formulalas, se pode ser, con posibilidades de resolución.
Traballos tutelados • Descrición: actividades que realiza o alumnado como parte da preparción para as aulas B e C algúns exemplos poden ser: recensións sobre artigos científicos de actualidade, traballos monográficos, procura de información en artigos, libros, web, bases de datos, etc. sobre un tema en concreto.

-Todo o alumnado deberá facer un proxecto de investigación que desenvolverá en grupo. Este traballo será guiado nas horas de aula B. O alumnado deberá escoller un tema e deseñar e desenvolver a investigación que conterá as actividades precedentes entre outras.

Quen se encargue da docencia acoutará e aceptará os temas de estudo propostos polo alumnado. Realizará o seguimento do traballo e avaliará o proceso e o resultado final.

• O obxectivo: adquirir e consolidar coñecementos, aplicar na práctica os coñecementos teóricos e formar parte fundamental do traballo que se avalia.

• Modalidade: autónoma con titoría e supervisión
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula B e escenario sen prescrición.

Realizarase en grupo reducido: 3-5 compoñentes.

O alumnado realizará o proxecto a partir do guión proporcionado pola/o docente, e do marco teórico da materia. Disporá das sesións de prácticas en horas B, así como das sesións de titoría presencial e virtual que fosen precisas para facilitar o seguimento do proceso.
Presentacións/exposicións • Descrición: todos os traballos tutelados nas sesións prácticas deben ser presentados en público a todo o grupo en sesións habilitadas a tal efecto ao final do cuadrimestre. Teráse en conta a habilidade para comunicar e a capacidade de captar a atención do público así como a capacidade de síntese e os recursos empregados.

Tamén se poden expoñer, pero non é obrigatorio, outros traballos que se vaian realizando de forma voluntaria polo alumnado.

Estas exposicións consistirán en presentar un tema concreto ou un traballo (previa presentación escrita na que se avaliará o contido).

Trátase dunha metodoloxía que traballa unha competencia nuclear e transversal cuxo obxectivo é aprender a comunicar.

Os traballos expoñeranse en grupo -os que se realicen en grupo- ou individualmente os que se fagan desa forma con carácter voluntario.

As presentacións serán avaliadas en función dos criterios previamente establecidos, podendo incluso integrar a avaliación criterios e cualificacións incorporados polo alumnado.

• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria que conta con recursos tecnolóxicos (canón de proxección, transparencias, conexión a Internet, vídeo ou DVD…)
• Grupo: grande, mediano ou reducido.
• Tarefas do alumnado:
o Expoñer o traballo publicamente.
o Defendelo, é dicir, debe responder ás preguntas e posibles críticas construtivas de colegas e docentes.
o Poderanse explicar na parte final da exposición os problemas e obstáculos xurdidos durante la elaboración do traballo.
Foros de discusión • Descrición: esta é unha actividade que se realizaría a través das redes creadas a tal efecto polo propio alumnado, a traves destas redes se poderá acordar e acoutar temáticas de traballo nas horas C de seminario e o mesmo para desenvolver o proxecto de investigación. poderase consensuar as prioridades, debater e intercambiar informacións e opinións de interese para o desenvolvemento teórico e práctico da materia, especialmete temas de actualidade ou de relevancia.
• Obxectivos:
o Abrir novas perspectivas e temas e traballar e consolidar coñecementos.
o Cuestionar(se) opinións persoais e posibles prexuízos.
o Desenvolver habilidades comunicativas.
• Modalidade: autónoma.
• Natureza: práctica.
• Escenario: non prescrito agás pola necesidade de conexión á rede.
• Grupos: grande ou reducido.

• Quen teña a cargo a docencia, ou incluso o alumnado, proporá un tema de debate ou de estudo, se é preciso nomearase alguén que dinamice ou modere o foro.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma • Descrición: formulación, análise, resolución individual, e de proceder, debate en grupo, dun exercicio relacionado coa temática da materia de forma autónoma por parte do alumnado.

• Obxectivo
o Reflexionar sobre as cuestións principais da materia e relacionar teoría e práctica.
o Introducir novos conceptos e integralos cos antigos.
o Consolidar coñecementos.

O alumnado dispón da documentación necesaria para preparar a materia, concretamente dispón de unidades temáticas que ao final de cada unha presentan unha bateria de cuestións ou exercicios denominadas "actividades de autoavaliación", O contido e resolución destas actividades pode integrar o cartafol/dossier xunto coa documentación elaborada para os seminarios e outros traballos voluntarios. A docente poderá revisar este traballo por petición propia ou por solicitude do alumnado e formará parte da avaliación final.

• Modalidade: autónoma.
• Natureza: teórico-práctica.
• Escenario: non prescrito.

• Tarefas do alumnado:
o Resolver a cuestión ou exercicio proposto pola/o docente a partir da documentación facilitada ou de pescudas.
o Aínda que as actividades se realizaren de forma autónoma, o alumnado disporá en todo momento de sesións de titoría para que a docente poida realizar o aompañamento e seguimento desta metodoloxía.

Prácticas autónomas a través de TIC • Descrición: desenvolver, con axuda das TIC, prácticas de búsqueda de información, manexo de ferramentas básicas para deseñar táboas e gráficas, tratamento de datos e búsqueda de fontes estatisticas.

Desenvolveranse 2 ou tres sesións en horas B. Ao inicio do curso e cando o o desenvolvemento dos traballos o requira, é dicir, no momento en que se trate de buscar, procesar e presentar a información para os traballos. Asemade realizarase o curso de busca bibliográfica e bses de datos ofrecido pola biblioteca

• Obxectivos:
o Facilitar a correlación entre a teoría e a práctica.
o Consolidar coñecementos.
o Utilizar programas ou recursos informáticos.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula de informática ou aula B e en grupo mediano.

• Quen estea a cargo desta docencia deberá elaborar e proporcionar un guión para orientar a realización do traballo e das actividades concretas en cada caso, asemade deberá facer o seguimento da evolución da actividade do alumnado.

• Tarefas do alumnado: realizar a actividade proposta en tempo e forma.
Seminarios Descrición: trátase dun tipo de metodoloxía que combina o traballo autónomo co guiado de aula. Pretende profundar e ampliar o contido xeral da materia pero a través dunha temática específica tratada no programa xeral da materia e transversal á mesma. O tema escollido é: Xénero, socialización e coeducación
Terán lugar 8 sesións de unha hora en pequeno grupo (sesións de horas C) en semanas alternas co fin de dar tempo a preparar lecturas de textos e procuras de información etc..
• Obxectivo: adquirir, comunicar e consolidar coñecementos teórico-prácticos e fomentar a interactividade entre a docente e o alumnado.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria con recursos tecnolóxicos.
• Grupos: reducido
• Tarefas do alumnado: procura, traballo de documentación, lectura e análise, para achegalo ás demais persoas participantes no seminario. Coordinación e consenso entre o alumnado participante no grupo para definir temas e prioridades.
Actividades introdutorias • Descrición:
Estas actividades realizaranse nas primeiras sesións A, B e C nos grupos.
Están encamiñadas a tomar contacto e a dar e recoller información sobre a materia, o curso e sobre o alumnado (coñecementos previos, intereses e motivacións).

Poderanse presenter pezas audiovisuais ou doutro tipo que o alumnado terá que analizar en forma de chuvia de ideas ou sobre un guión proposto pola/o docente, quen preguntará sobre ideas e conceptos para coñecer o grao de afinidade e comprensión na materia.

Asemade, poderánse presentar exercicios prácticos nos que o alumnado terá que responder oralmete a unhas preguntas.

Nos últimos tramos das primeiras sesións farase a presentación específica do curso: obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación, etc.

• Obxectivo: comunicar amigablemente que se pretende atinxir con este curso e de forma somera coa materia de Socioloxía. Aclarar, no posible, a finalidade da mesma e o seu interese.

• Modalidade: guiada
• Natureza: teórica
• Escenario: aula ordinaria
• Grupo: grande, mediano e pequeno
• Tarefas do alumnado: participar activamente nas actividades
Estudos/actividades previos • Descrición: sempre antes de cada sesión presencial maxistral (horas A) ou do desenvolvemento de traballo práctico (horas B) ou seminarios (horas C) o alumnado realizará as actividades previstas como previas.

O alumnado deberá procurar, ler e traballar a documentación ou o material proposto e facilitado pola/o docente.
o Pode ser para unha actividade teórica - procura de iinformación, análise e organización de documentación- ou a realización dunha tarefa que haxa de ser resolta con traballo práctico.
• Obxectivo: aprender e asistir ás aulas cun mínimo de coñecementos da materia que permita avanzar a bo ritmo e compartir coñecementos para facilitar o debate en sesión maxistral, seminario ou práctica.

Quen se encargue da docencia poñerá a disposición do alumnado o material de lectura ou as indicacións para obtelo.

• Modalidade: autónoma.
• Natureza: práctica.
• Escenario: non prescrito.
• Realizarase en grupo reducido ou de forma individual.

• Tarefas do alumnado:
o Procurar documentarse (artigos, webs, bases de datos, audiovisuais, etc.)
o Ler a documentación facilitada polo/a docente ou obtida de forma autónoma.
Sesión maxistral Non se trata de realizar leccións maxistrais ao uso, pois a presentación estruturada e ordenada dos temas xa está a disposición do alumnado na plataforma de teledocencia.
Nos tempos dedicados á exposición a cargo da/o docente levarase a cabo a explicación e aclaracións do contido da materia:
- Relacionala coas sesións anteriores e posteriores
- Resaltar as ideas principais
- Aclarar aqueles puntos máis complexos
- Dar a aplabra ao alumnado para resolver as dúbidas e ofrecer exemplos (de actualidade, reais, etc.),
- Relacionar os novos conceptos
- Asegurar a comprensión do contido empregando a exposición teórica ou a discusión e debate.

• Obxectivo: presentar novos coñecementos
• Modalidade: guiada, a presenza de docente é necesaria.
• Natureza: teórica.
• Escenario: aula ordinaria A

Recursos tecnolóxicos (malia non ser imprescindibles poderán empregarse o proxector, conexión a Internet, vídeo ou dvd…).

• Grupo: grande

• Tarefas do alumnado: preparar as actividades previas, participar activamente na sesión (tomar notas, tomar a palabra, contestar preguntas…).
Resolución de problemas e/ou exercicios • Descrición: formulación, análise, resolución e debate de exercicios relacionados coa temática da materia.
A docente propón, ao final de cada tema, por escrito e de forma organizada unha batería de exercicios e actividades.
A documentación de consulta e lectura está a disposición do alumnado e conforma a guía de orientación e análise, centra os puntos de interese, de ampliación ou de complexidade para a posterior discusión e posta en común na aula.

En hora A realizarase un exercicio escrito por cada tema que será recollido pola docente na aula para incorporase a avaliación.
En todas as sesións maxistrais a docente preguntará pola realización dos exercicios de autoavaliación, polas dificultades e dúbidas atopadas e recollerá os comentarios e achegas do alumnado comentados en público. Resolveránse na aula cantas dubidas se presenten deste xeito.

• Obxectivo: Reflexionar e relacionar teoría e práctica e proporcionar feedback ao alumnado sobre o proceso de aprendizaxe. Realmente é unha peza metodolóxica integrada, que permite aprender, consolidar, ampliar, autoavaliar e avaliar, e comunicar na aula.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria con recursos tecnolóxicos.
• Grupo: grande.
• Tarefas do alumnado: o alumnado deberá resolver os exercizos propostos a partir do material de estudo facilitado pola docente. Posteriormente terá lugar unha posta en común.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000