Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1.- Conceptos xerais e perspectivas teóricas sociolóxicas
- Perspectiva sociolóxica, perspectiva global e perspectiva sociolóxica na vida cotiá
- A socioloxía como ciencia: orixes e desenvolvemento
- Teoría sociolóxica: principais paradigmas e novas perspectivas (a perspectiva de xénero como exemplo)
- Que entendemos por sociedade, evolución e tipos de sociedade
- Individuo e sociedade, achegas da socioloxía clásica: Marx, Weber e Durkheim (conflito, racionalización, función, anomia)
- Cultura: conceptualización, diversidade cultural, interulturalidade, subcultura e contracultura; símbolos, valores, normas, desviación e control social
- Estrutura social e interacción, status e rol.
- Estratificación social: clase, xénero e etnia.
- Grupos e organizacións.

Apéndice metodolóxico básico para a realización do proxecto de investigación
- Metodoloxía, nocións básicas para o traballo de investigación: a definición do problema, as achegas teóricas, a formulación da hipótese, a escolla do deseño (distinción métodos e ferramentas básicas), recollida e compilación dos datos, interpretación dos resultados, elaboración de informe.

TEMA 2.- Socioloxía da familia e da infancia
Que é a socialización? Concepto, proceso, teorías e axentes principais.
A análise sociolóxica da familia
-Que son as familias? Definición, natureza e evolución da institución
- Principais perspectivas teóricas: funcións, desigualdade, patriarcado e análise micro.
- A rápida transformación da institución familiar na sociedade actual, diversidade de modelos fronte ao modelo tradicional
- A cara escura das familias. Violencia intrafamiliar e de xénero

A análise sociolóxica da infancia
- A construción social da infancia
- Perspectivas teóricas sobre a infancia
- A infancia maltratada e excluída, a infancia postmoderna
- A socialización na infancia con referencia a outros axentes, e a socialización de xénero como exemplo de socialización diferencial.

TEMA 3.- Contexto social, cambios sociodemográficos e acceso ao mercado de traballo. Políticas educativas O contexto social actual, cambio e transformación acelerada. Sociedade transformacional e líquida
- Cambios sociodemográficos: natalidade, esperanza de vida, migracións, acceso ao mercado de traballo, ... consecuencias sobre a estrutura social e a construción social das categorías de idade, de xénero, clase, etnia.

- Relación entre sistema social e sistema educativo, xenealoxía do sistema escolar -Características comúns e xerais dos sistemas educativos (xeneralidade, obrigatoriedade, ramificación, burocratización)

Políticas educativas, innovación e reforma

Apéndice coas explicacións teóricas da relación entre educación e sociedade: da achega dos clásicos aos paradigmas actuais. este apéndice é de espacial interese como base teórica para a realización dos proxectos de investigación.


TEMA 4.- Educación e cidadanía: xénero, multiculturalidade, discriminación, inclusión social, participación na vida politica e económica…).
A estratificación social e as súas consecuencias no sistema educativo, nos grupos sociais e nos individuos: discriminación, inclusión/exclusión social, participación na vida política e económica
- A teoría social aborda a desigualdade
- A relación entre clase social e educación
- O xénero como categoría relevante na desigualdade educativa. A coeducación.
- A diversidade cultural, a interculturalidade na sociedade global un reto para os sistemas educativos.
TEMA 5.- Culturas familiares e cultura escolar: reprodución cultural e factores sociais do rendmento escolar (clase, género…).


- A reprodución cultural e social na escola
- A violencia simbólica.
- Lingua e currículo
- A escola aparello de poder disciplinario
- Os nesgos de xénero, de clase e étnicos no sistema educativo e factores sociais de rendemento escolar relacionados.

TEMA 6.- Relación entre educación familiar, demandas de la comunidad y práctica en la escuela. - A socialización no marco da familia
-Os modelos de socialización familiar
-A relación familia-escola.
- As relacións entre escola e contorno: mirando ao futuro


TEMA 7.- Currículo oculto, socialización en el aula y en el centro. - Que é o currículo dende a perspectiva sociolóxica: expreso, evidente, visible, oculto, invisible, omitido; saberes, hábitos, espazos e tempos, a organización escolar como elemento esencial na análise do currículo
- As relacións sociais do proceso educativo: inculcación, selección/omisión, segregación/inclusión
- A eficacia da socialización escolar
- A comunicación na aula e a constitución do individuo illado
- Sexismo no currículo
TEMA 8.- Socioloxía da interacción na aula e resolución de conflitos - A aula como microsociedade: significación social da aula e da relación educativa, poder e estratificación: xénero, clase e etnia
A análise sociolóxica do profesorado. A feminización da profesión docente
- A aula como marco de comportamento: negociación, estigma e resistencia
- A comunicación na aula e a constitución do individuo illado
- Sexismo nas interacción de aula
- Resolución de conflitos: aprender a amar na escola, a importancia da educación afectiva a da aplicación de modelos integradores baseados no concepto de construción social
TEMA 9.- Impacto y uso de las tecnologías en la educación. - A revolución das TIC e a sociedadade da información, impacto na economía, na democracia, nas relacións sociais, a creación de novas culturas e os novos riscos

- O impacto das linguaxes audiovisuais e das pantallas na socialización. Xénero e uso das tic

- Sinerxías e oportunidades das TIC para transformar o modelo educativo, novos contornos de aprendizaxe e de relación, a transformación do espazo/tempo, eliminación de barreiras no acceso,
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000