Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
O alumnado deberá acadar os seguintes resultados Adquirir coñecementos que permitan: - Empregar as achegas teóricas da socioloxía como ferramenta de análise e comprensión da realidade. - Analizar a educación como un feito social, como unha institución básica na sociadade actual. Analizar as súas funcións sociais e as súas transformacións e conflitos. - Coñecer a evolución da institución familiar, os diferentes tipos de familias, os diferentes estilos de vida e de educación; ver a educación dende a perspectiva familiar para poder intereactuar eficazmente coas familias - Comprender as demandas institucionais da educación no contexto actual: familias, relacións de xénero, relacións interxeracionais, multiculturalidade e interculturalidade, desigualdade, segregación, discriminación, inclusión e exclusión social, desenvolvemento sostible. - Analizar o impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das tecnoloxías, así como dos cambios nas relacións de xénero e interxeracionais. - Poder desenvolver e avaliar as accións dentro e fóra do centro educativo destinadas á frmación cidadá. - Descubrir os aspectos sociais non pedagóxicos implicados nos procesos educativos, nomeadamente aqueles máis profundos como os que se relacionan coa estrutura social e as transformacións sociais, e tamén con fenómenos máis conxunturais ou específicos como a evolución da economía e do mercado de traballo. Adquirir destrezas metodolóxicas que permiten desenvolver os ountos anteriores a través do traballo autónomo individual e en equipo como: - Aprender a seleccionar e xerarquizar a información - Planificar o traballo. - Acadar metas concretas. - Establecer obxectivos e medios - Avaliar custos e posibles limitacións do traballo de investigación empírica. - Capacidade para redifinir obxectivos ou medios se estes non se axustaren aos fins establecidos. - Analizar resultados e proceso de investigación - Sistematizar e presentar oralmente e por escrito os contidos previstos. Adquirir destrezas tecnolóxicas: - Coñecer as ferramentas básicas de informática e audiovisual (procesador de texto, power point, folla de cálculo, acceso a internet, programas multimedia e gravación de voz ou vídeo) - Traballar con fontes e bases de datos estatísticos - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación - Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural Adquirir destrezas lingüísticas: - Comprensión de textos complexos - Expresión escrita, comunicación oral en público. linguaxe inclusiva. - Capacidade para facerse entender (oral e escrita) - Resumir e articular información complexa ou de fontes diferentes. Adquirir destrezas sociais que permitan desenvolver tarefas colaboradoras: - Capacidade de escoitar e comprender aos demais. - Capacidade de captar a atención do receptor. - Capacidade para adapatarse á axenda de traballo para cumprir obxectivos. - Capacidade para organizar, adaptar ou reorganizar o traballo. - Capacidade para asumir a responsabilidade propia e do grupo. B2
B3
B4
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C7
C8
C9
C10
C11
C13
C14
C15
C17
C19
C22
C23
C24
C28
C29
C31
C34
C35
C48
C52
C63
C64
C65
C66
C68
C69
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000