Para ter en conta a avaliación continua, o estudante ten que ter unha asistencia mínima do 80%, A nota final da materia ten dous compoñentes: -O traballo realizado polo alumno durante o curso (Avaliación Continua). Deberá ter a metade superada como mínimo. -A proba escrita. Para superar a materia é necesario obter como mínimo un 50% da nota do exame. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota da Avaliación Continua manterase para a segunda
convocatoria. En caso de non asistir ao 80% das clases, o estudante será considerado "non asistente" e a súa avaliación será un exame sobre 10 puntos. En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o estudante concurre á seguinte coas puntuacións obtidas na avaliación continua. Só se sumarán neste caso, en convocatorias posteriores xa non se terán en conta. As datas de exame poden consultarse na web: http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=189,921,0,0,1,0 |