Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informes/memorias de prácticas Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, os informes descritivos das prácticas de laboratorio realizadas acompañados os informes de valoracións persoais e conclusións. 34 C33
C36
C40
D1
D2
D3
D6
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, un traballo monográfico de investigación sobre unha situación - problema en relación co medio.
Esta tarefa poderá substituírse pola elaboración dun diario de clase que recolla o acontecido na aula, as actividades e tarefas desenvolvidas,... xunto con valoracións persoais e grupais de cada sesión
33 B1
C33
C36
C40
D1
D2
D3
D6
D7
D9
D13
D15
Traballos e proxectos Cada alumna e cada alumno do curso elaborará, na aula virtual da materia, unha presentación multimedia para exposición pública sobre a programación e o posible tratamento globalizado de aula dunha aprendizaxe de coñecemento científico polo alumnado de educación infantil. 33 B11
C33
C36
C40
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Condicións de avaliación:
  • Cada alumna e cada alumno
    confeccionará un cartafol/diario e/ou caderno de laboratorio nos que
    haberá parte grupal e parte individual, subirao á sección particular específica
    da aula virtual da materia - curso en FAITIC, o traballo consistirá nun diario
    persoal de seguimento das sesións lectivas, coas notas de aula,
    ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e autoavaliación
    das sesións correspondentes. A realización completa e a entrega deste diario/cartafol/caderno de
    laboratorio será condición necesaria e imprescindible para acollerse á
    opción de modalidade presencial de avaliación continua.
  • Os documentos e arquivos dos
    traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os
    prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal
    respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código
    aberto ou de visores libres.
  • Na bibliografía inclúese a
    referencia completa do libro titulado Ciencia para
    educadores. 
    O uso deste libro é obrigatorio para poder realizar
    unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de
    avaliación.
  • Para poder acollerse á
    avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso
    asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Para obter unha avaliación
    positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos
    apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un
    comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como
    condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan
    axeitadas.
  • A cualificación final será
    obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións
    singulares.
  • O alumnado que non asistíu a clase, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas escritas presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web da facultade no apartado de organización académica http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=60,0,0,1,0,0. Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
  • Criterios de avaliación da 2ª
    convocatoria:
  • Para
    obter unha avaliación positiva o alumnado que asistíu regularmente a
    clase, coa porcentaxe de asistencia indicada anteriormente, poderá optar
    por presentar as tarefas e traballos pendentes indicados para a 1ª
    convocatoria ou pola realización de exame (dúas probas escritas
    presenciais sobre os contidos desenvolvidos na aula e no laboratorio,
    respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web da facultade
    no apartado de organización académica http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=60,0,0,1,0,0.
    Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados
    establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento
    correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación
    porcentual de cada unha das cualificacións singulares. 
  • O alumnado que non asistíu a
    clase
    , para obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas
    probas escritas presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web
    da facultade no apartado de organización académica http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=60,0,0,1,0,0.
    Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados
    establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento
    correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación
    porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000