Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Atender as necesidades e consultas do alumnado en equipo cooperativo relacionadas coas temáticas relacionadas coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Desenvolverase presencialmente na aula.
Seminarios Axudar ao alumnado en pequeno grupo.
Resolución de problemas e/ou exercicios Atender ao alumnado en pequeno grupo ou grupo cooperativo na aula proporcionándolle orientación, apoio e motivación na resolución de problemas e realización de tarefas.
Proxectos Proporcionar axuda ao alumnado en pequenos grupos, en equipos ou individualmente tanto en aula como fóra delas sobre o desenvolvemento e deseño de proxectos relacionados coa temática da materia.
Prácticas de laboratorio Axudar ao alumnado no desenvolvemento de actividades experimentais na aula tanto individualmente como en equipo cooperativo e resolver as dúbidas a nivel individual ou grupal que xurdan neste tipo de tarefa.
Estudo de casos/análises de situacións Individualmente ou en pequeno grupo atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas con este aspecto
Probas Descrición
Informes/memorias de prácticas Orientación en equipo cooperativo en aula da realización de informes relacionados coas prácticas de laboratorio.
Resolución de problemas e/ou exercicios Atender ao alumnado en pequeno grupo ou grupo cooperativo na aula proporcionándolle orientación, apoio e motivación na resolución de problemas e realización de tarefas.
Traballos e proxectos Atención en equipos cooperativos en aula e individualmente
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000