Proxectos |
Ao longo do curso, o alumnado deberá realizar en grupos aleatorios unha serie de tarefas ou proxectos relacionados cos contidos da materia. Cada proxecto será avaliado polo profesor. O conxunto das tarefas ou proxectos realizados por cada estudante constituirá o seu portfolio de aprendizaxe, que se irá completando en formato blog. A media das notas obtidas en cada proxecto constituirá o 75% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas nos prazos fixados pola clase. Entrarán tamén nesta media as intervencións pedagóxicas e tarefas que o alumnado na aula faga voluntariamente. |
75 |
A3 A4 A5
|
B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C37 C42 C43 C51 C53 C61
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22
|
Presentacións/exposicións |
Nas datas estabelecidas na clase durante o período de exames do cuadrimestre, o alumnado deberá presentar oralmente o seu portfolio de aprendizaxe, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor e que estarán recollidas nun blog de aprendizaxe. O alumnado deberá ter realizado todas as tarefas propostas ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada estudante disporá de 10 minutos e poderá usar os medios audivisuais que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán públicas, aínda que o/a alumno/a poderá decidir se quere realizar a exposición só en presenza do profesor. As exposicións de cada estudante serán avaliadas segundo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Sexa como for, nos criterios de avaliación que conformarán esta grella terase en conta a asistencia ás aulas e a participación no grupo de traballo en liña. |
25 |
A3 A4 A5
|
B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C37 C42 C43 C51 C53 C61
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22
|
Logros e traballos voluntarios en primeira convocatoriaO profesor poderá outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. A lista de distincións, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na páxina web da materia. O profesor proporalle ao alumnado unha serie de tarefas que poderá realizar voluntariamente para ampliar as súas aprendizaxese mellorar a cualificación dos proxectos. As instrucións e sistema de avaliación estarán detallados na páxina web da materia. As tarefas ou proxectos voluntarios farán media coas tarefas obrigatorias. Avaliación en segunda convocatoriaO alumnado que non viñer ás aulas e/ou que non elaborar a totalidade das tarefas do portfolio de aprendizaxe nos prazos estabelecidos non poderá realizar a presentación oral do portfolio de aprendizaxe. Nese caso, será avaliado como non presentado en primeira convocatoria. O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. Linguas de traballoAs linguas de traballo da materia serán o francés, o galego e o castelán. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das tres linguas de traballo, tanto da comunicación oral ou escrita como nas tarefas parciais e presentación final. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados do exame en segunda convocatoria estarán redactados en lingua francesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das tres linguas de traballo da materia.
Fica prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nunha tarefa ou nun portfolio poderán supor a invalidación dos mesmos.
|