LINGUAS DE TRABALLO:
As linguas de traballo da materia serán o inglés, o castelán e o galego. O profesor comunicarase co alumnado en inglés. O alumnado poderá utilizar calquera do tres linguas menos nas tarefas, tanto orais como escritas e no exame nos que a lingua requirida é o inglés.
Nas puntuacións teránse sempre en conta duas vertientes: a lingüística (uso e expresión en lingua inglesa) e a de contido.
OUTRAS VÍAS:
En caso de ausencia xustificada do profesor, este poderá propor actividades alternativas en liña.
A atención personalizada llevarase a cabo previa cita por e-mail (ilareo@uvigo.es).
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS:
Os alumnos deberán ler os libros de lectura obrigatoria e ver a película que se recomendará a principio de curso e realizar as exposicións. O material será posto a disposición na plataforma FAITIC e na biblioteca. Os temas abordados nestas historias serán utilizados no exame oral. AVALIACIÓN:
A avaliación da materia será continua. Os traballos (obrigatorios), exposicións (obrigatorias), tarefas, etc. deberán ser realizados nas datas correspondentes. O incumprimento de estes requisitos suporá a cancelación deste tipo de avaliación. Do mesmo xeito o uso de tradutores automáticos para a realización dos traballos suporá a inmediata exclusión do grupo da avaliación continua, debéndose presentar á avaliación da segunda convocatoria. Os estudantes que decidan non seguir a avaliación continua deberán tomar a decisión durante o mes de setembro e comunicarllo ao profesor. No seu lugar poderán realizar un exame no mes de xunio nas datas propostas polo centro para a segunda convocatoria, que constará de dous partes: parte escrita (70%) e parte oral (30%).
A proba escrita centrarase no punto 4 dos contidos, onde se deberán aplicar e desenvolver os contidos dos demais puntos da materia. A proba oral será una conversa de 10 minutos sobre aspectos da película e dos contos recomendados na bibliografía. A esta segunda convocatoria poderá presentarse tamén o alumnado que non acadara a puntuación suficiente na evaluación continua. As datas poden consultarse na web da facultase (feduc.webs.uvigo.es). |