Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Ao longo do curso o alumnado, en grupos, deberá presentar oralmente 1 traballo. O traballo consistirá na elaboración dunha unidade didáctica coa metodoloxía e as actividades que consideren relevantes para a aprendizaxe do inglés. Ademais de presentar oralmente o traballo os estudantes deberán representar a súa unidade didáctica, turnándose nas funcións de profesor todos os membros do grupo (20= 15+5) puntos).


Ao mesmo tempo deberase entregar por escrito (tanto en formato papel como en formato electrónico), unha copia do devandito traballo na data indicada (30= 20+10 puntos).


Os grupos escollerán o ciclo e o curso para o cal elaborarán a programación.

A data de entrega dos traballos pactarase ao principio do curso e non se admitirán traballos fóra de data.

Os alumnos (individualmente ou en parellas) farán una exposición dun tema elixido ao principio do curso (10).

A utilización de tradutores automáticos está totalmente prohibida.
60 A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B9
B11
B12
C42
C43
C51
C53
C61
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D15
D17
D19
D20
D21
D22
Outras Ao longo do curso recolleranse unha serie de tarefas que serán avaliadas para a nota final (25 puntos).

No exame oral os alumnos terán que falar durante 10 minutos sobre a película e os contos propostos na bibliografía (15 puntos).
40 A3
A4
B2
B4
B7
C42
C43
C51
D1
D2
D3
D4
D5
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

LINGUAS DE TRABALLO: 


As linguas de traballo da materia serán o inglés, o castelán e o galego. O profesor comunicarase co alumnado en inglés. O alumnado poderá utilizar calquera do tres linguas menos nas tarefas, tanto orais como escritas e no exame nos que a lingua requirida é o inglés.
Nas puntuacións teránse sempre en conta duas vertientes: a lingüística (uso e expresión en lingua inglesa) e a de contido. 


OUTRAS VÍAS:
 

En caso de ausencia xustificada do profesor, este poderá propor actividades alternativas en liña.
A atención personalizada llevarase a cabo previa cita por e-mail (ilareo@uvigo.es). 

ACTIVIDADES OBRIGATORIAS: 


Os alumnos deberán ler os libros de lectura obrigatoria e ver a película que se recomendará a principio de curso e realizar as exposicións. O material será posto a disposición na plataforma FAITIC e na biblioteca. Os temas abordados nestas historias serán utilizados no exame oral. 


 AVALIACIÓN: 


A avaliación da materia será continua. Os traballos (obrigatorios), exposicións (obrigatorias), tarefas, etc. deberán ser realizados nas datas correspondentes. O incumprimento de estes requisitos suporá a cancelación deste tipo de avaliación. Do mesmo xeito o uso de tradutores automáticos para a realización dos traballos suporá a inmediata exclusión do grupo da avaliación continua, debéndose presentar á avaliación da segunda convocatoria.  

Os estudantes que decidan non seguir a avaliación continua deberán tomar a decisión durante o mes de setembro e comunicarllo ao profesor. No seu lugar poderán realizar un exame no mes de xunio nas datas propostas polo centro para a segunda convocatoria, que constará de dous partes: parte escrita (70%) e parte oral (30%).
A proba escrita centrarase no punto 4 dos contidos, onde se deberán aplicar e desenvolver os  contidos  dos demais puntos da materia. A proba oral será una conversa de 10 minutos sobre aspectos da película e dos contos recomendados na bibliografía. A esta segunda convocatoria poderá presentarse tamén o alumnado que non acadara a puntuación suficiente na evaluación continua. As datas poden consultarse na web da facultase (feduc.webs.uvigo.es).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000