Presentacións/exposicións |
Os alumnos realizarán 2 exposicións (10+10). O docente recollerá os resultados de a lo menos 1 das actividades ou proxectos levados a cabo polo estudante ao longo do curso por escrito. Dependendo do número de alumnos, os traballos poderán ser individuais ou en grupo. |
20 |
|
B11
|
C6 C13 C21 C22 C29 C41 C43 C44 C46 C49 C52 C55 C57 C59 C63
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D13 D15 D16 D17 D19
|
OUTRAS VÍAS:
En caso de ausencia forzosa do docente, as tarefas e contidos poderán ser abordados por vía telemática.
A atención personalizada farase no despacho 115 previa cita vía e-mail (ilareo@uvigo.es).
AVALIACIÓN:
A avaliación da aprendizaxe do alumnado exponse de forma continua e servirá para regular e supervisar tanto o ritmo
de traballo, como para permitir ao alumnado coñecer o seu grao de adquisición de coñecementos. Para poder optar á avaliación continua é necesario realizar as exposicións, entregar o traballo e realizar a proba final.
Os alumnos que non poidan facer as expsocións terán que optar pola segunda convocatoria no mes de xunio, na que disporán dun exame oral (25) e outro escrito (75).
O uso de tradutores automáticos está totalmente prohibido. A súa utilización nos traballos suporá a perda do dereito á avaliación continua, e o paso directo á segunda convocatoria.
A cualificación final de cada estudante será o resultado dunha cantidade suficiente de de notas ponderadas obtidas ao longo do
curso. Valorarase positivamente a asistencia e a participación nas actividades de clase, a realización de exercicios prácticos, e a
preparación e entrega de traballos, e a colaboración na aula. Dentro das porcentaxes das tarefas e exposicións asignarase unha parte para o grado de corrección fonética do alumno.
Os traballos só poderán ser entregados en forma e data indicados.
Os 60 puntos dedicados á proba de avaliación final do mes de maio distribúense da seguinte maneira: 45 para a proba escrita (gramar, listening, writing and reading) e 15 para a proba oral.
Para poder sumar todas as puntuacións obtidas durante o curso, é necesario obter na parte escrita do exame de final de cuadrimestre unha cualificación mínima de 22 sobre os 45 outorgados a esta parte.
En canto á proba oral, que se valorará cos 15 puntos restantes, por razóns de organización e distribución do tempo no día do exame oficial, esta parte oral poderá ser realizada noutras datas acordadas entre o docente e os estudantes. A proba consistirá nunha conversación sobre o filme e os contos propostos na bibliografía. Devandito material porase a disposición do alumno ao comezo do curso, na plataforma FAITIC e na biblioteca.
Os estudantes que non poidan acollerse á evaluación continua ou que non a superaren, terán que presentarse á segunda convocatoria. Dita convocatoria disporá da puntuación total (100%) para a realización de dúas probas, unha escrita, onde se avaliarán coñecementos da lingua nas diferentes destrezas: listening, writing, Reading and writing (75%) e outra oral (25%), na que se conversará sobre o filme e os contos. Para poder superar a materia é necesario obter polo menos 37 puntos na parte escrita, dos 75 e 12 dos 25 da proba oral. As datas do exame podense consultar na web da facultade (www.feduc.webs.uvigo.es). |