Prácticas de laboratorio |
Realización de prácticas de laboratorio |
20 |
|
B4 B7 B10 B11
|
C39
|
D4 D6 D7 D13 D17
|
- Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol, na sección particular específica da aula virtual da materia, que consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes.
Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
- Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos progrqamados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso, en formatos de código aberto ou de visores libres.
- 1ªº CONVOCARTORIA: Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
- De non ter superada a materia as competencias non adquiridas serán avaliadas no convocatoria de xuño.
- As datas oficiais dos exames poden consultarse no espazo correspondente da web da fcultad.
- 2ª CONVOCARTORIA: Para obter unha avaliación positiva o alumnado poderá optar por acollerse ás mesmas condicións que as establecidas para a 1ª CONVOCATORIA ou pola realización de dúas probas escritas presenciais sobre os contidos desenvolvidos na aual e no laboratorio, respectivamente.
- Ë preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
- O alumnado que non asista ás aulas deberá realizar un exame teórico e outro práctico nas dats establecidas oficialmente.
|