Elaboración de diversos traballos de aula de forma tutelada
30
B1 B3 B7 B9 B11
C15 C18 C36
D1 D2 D3 D5 D6 D8 D9 D13 D21
Prácticas de laboratorio
A persoa alumna, no pequeno grupo de traballo, formulara as súas cuestións, achegas e suxestións.
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento
Participación activa nas distintas tarefas (debates, presentacións, coavaliacións...) e actitude cooperativa nos traballos grupais.
Realización de probas individuais sobre contidos da materia
Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é unha fonte documental para realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir á sesión lectivas de aula e de aula-laboratorio nun 80% do tempo presencial, cun aproveitamento idóneo.
PERSOAS NON ASISTENTES: todas aquelas alumnas e alumnos que non acaden o 80% das asistencias deberán realizar as respectivas dúas probas de resposta longa (exames de aspectos teóricos e de aspectos prácticos). Para opter unha avaliación positiva é preciso obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada unha das dúas probas, e a súa nota sera a media arimética d e ámbalas dúas cualificacións.
Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
Para obter unha avaliación contínua positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan acomodadas.
1ª CONVOCATORIA:A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación continua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares (notas) dos traballos de aula, das prácticas de laboratorio e das probas presenciais, realizadas ao longo do curso. En todo caso será necesario alcanza unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada un dos apartados establecidos de: Traballos de aula, Prácticas de laboratorio e Proba presencial individual.
2ª CONVOCATORIA: gardaranse todas as cualificacións parciais (notas) positivas dos traballos de anual e das prácticas de laboratorio, obtidas pola alumna ou polo alumno durante todo o curso, que ponderadas segundo as porcentaxes anteditos (30% e 20%, respectivamente) serán acumuladas sumativamente nunha cualificación única (nota), a que promediará ao 50 % coa cualificación (nota) de próbalas escrituras presenciais desta convocatoria.
Se a alumna ou o alumno manifesta expresamente, por escrito na cabeceira da primeira folla de exame desta segunda convocatoria, o seu desexo de que non sexan tidas en conta estas notas, a súa cualificación final será unicamente a nota derivada da corrección desta proba.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000