Traballos tutelados |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia (estudo gramatical ou dialectolóxico) ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. A actividade inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, edición e presentación. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Complementa a lección maxistral. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |