O alumnado deberá acadar os seguintes resultados
Adquirir coñecementos que permitan:
- Empregar as achegas teóricas da socioloxía como ferramenta de análise e comprensión da realidade.
- Analizar a educación como un feito social e como unha institución básica na sociadade actual. Analizar as súas funcións sociais, as súas transformacións e conflitos.
- Coñecer a evolución da institución familiar, os diferentes tipos de familias, os diferentes estilos de vida e de educación; ver a educación dende a perspectiva familiar para poder intereactuar eficazmente coas familias
- Comprender as demandas institucionais da educación no contexto actual: familias, relacións de xénero, relacións interxeracionais, multiculturalidade e interculturalidade, desigualdade, segregación, discriminación, inclusión e exclusión social, desenvolvemento sostible.
- Analizar o impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das tecnoloxías, así como dos cambios nas relacións de xénero e interxeracionais.
- Poder desenvolver e avaliar as accións dentro e fóra do centro educativo destinadas á formación cidadá.
- Descubrir os aspectos sociais non pedagóxicos implicados nos procesos educativos, nomeadamente aqueles máis profundos como os que se relacionan coa estrutura social e as transformacións sociais, e tamén con fenómenos máis conxunturais ou específicos como a evolución da economía e do mercado de traballo.
Adquirir destrezas metodolóxicas que permiten desenvolver os puntos anteriores a través do traballo guiado ou autónomo, individual e en equipo como:
- Aprender a seleccionar e xerarquizar a información
- Planificar o traballo
- Acadar metas concretas
- Establecer obxectivos e medios
- Avaliar custos e posibles limitacións do traballo de investigación empírica
- Capacidade para redifinir obxectivos ou medios se estes non se axustaren aos fins establecidos
- Analizar os resultados e o proceso de investigación
- Sistematizar e presentar oralmente e por escrito os contidos previstos
Adquirir destrezas tecnolóxicas:
- Coñecer e aplicar as ferramentas básicas de informática e audiovisual (procesador de texto, power point, folla de cálculo, acceso a internet, programas multimedia e gravación de voz ou vídeo)
- Traballar con fontes e bases de datos estatísticos
- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación
- Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
Adquirir destrezas lingüísticas:
- Comprensión de textos complexos
- Expresión escrita, comunicación oral en público, emprego de linguaxe inclusiva
- Capacidade para facerse entender oralmente e por escrito
- Resumir e articular información complexa ou de fontes diferentes
Adquirir destrezas sociais que permitan desenvolver tarefas colaboradoras:
- Capacidade de escoitar e comprender aos demais
- Capacidade de captar a atención do público receptor
- Capacidade para adaptarse á axenda de traballo para cumprir obxectivos
- Capacidade para organizar, adaptar ou reorganizar o traballo
- Capacidade para asumir a responsabilidade propia e do grupo
|
|
B2 B5 B7 B9 B10 B11 B12
|
C1 C4 C10 C11 C12 C13 C14 C23 C24 C25 C26 C27 C28 C29 C30 C31 C36 C37 C43 C48 C62 C63 C64 C66 C67
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21
|