Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Resolución de exercicios na aula/laboratorio baixo a dirección do profesor |
Proxectos |
Actividades tuteladas: resolución de exercicios, debates, elaboración de traballos, seminarios, etc. Actividades de avaliación. |
Sesión maxistral |
O carácter da materia fai necesario combinar varios tipos de metodoloxías, dependendo da natureza dos obxectivos a alcanzar e os contidos a tratar. Avogarase por unha metodoloxía activa, alternando exposicións maxistrais e traballo en pequeno grupo nas sesións teóricas e vivencia das diferentes propostas de tarefas (do profesor e dos propios alumnos) nas sesións practicas.
Ademais, o alumno disporá dun soporte virtual de apoio á docencia, a través da plataforma TEMA (http://www.uvigo.es/faitic), co que poderá realizar un seguimento parcialmente on-line da materia.
- Organización da docencia:
As sesións de carácter teórico e práctico desenvolveranse en horario e localización fixadas polo centro. |