Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de modo expositivo ao grupo clase polo profesorado, que centrará a súa intervención preferentemente nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visisón panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándolos cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e os aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Presentacións/exposicións A exposición por parte do alumado consiste na presentación dun tema incluido nos contidos de forma estruturada. O recurso principal será a linguaxe oral, aunque tamén pode estar acompañado de texto escrito (un power point). Esta presentación expositiva permitirá extraer os puntos importantes dunha ampla gama de información.
Traballos de aula Serán realizados de xeito individual ou en pequeno grupo. A súa finalidade consiste na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia. Serán realizados na aula mediante o uso das TICs, documentos proporcionados polo profesorado, reunións con profesionais,...
Titoría en grupo Ao inicio e ao final do cuadrimestre, en grupos (a súa composición verá determinada pola realización do traballo final desta materia) deberán reunirse (previa cita) en horario de titoría coa docente coordinadora desta materia, para coñecer de primeira mán os problemas derivados da distribución da docencia entre varios docentes e da carga de traballo asignada ao alumnado.
Resolución de problemas e/ou exercicios O trbaklklo final da materia será especificado polos docentes ao inicio do curso. Consistirá na aplicación práctica da Pedagoxía dos Valores á actividade física e deportiva.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000