Corpo e Texto: *pre-sitúes – prol-sitúes (do artista) |
O seminario propón desenvolver unha aproximación ao feito artístico actual e máis especificamente, o seu interese diríxese cara aos proxectos de creación nos que latexan cuestións referidas ao corpo, á identidade e ao xénero. O corpo no centro da propia formulación. Realizarase o estudo e análise de obras e proxectos artísticos significativos actuais, en cuxa produción se *aúnan: texto, corpo e contexto. |
Corpo e identidade |
O corpo como lugar de experiencias. O corpo como reflexión. O corpo como acción. O corpo como resistencia. |
Texto e contexto |
A palabra como materia prima. A implicación do eu no social. |