Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación e exposición oral dos exercicios que se propoñan no trancurso das clases 25 B1
B2
C1
C2
C5
C8
C21
Sesión maxistral A asistencia ás clases teóricas é fundamental para a correcta asimilación dos contidos da asignatura. 5 B1
C2
C5
C8
C21
Saídas de estudo/prácticas de campo Valoración da asistencia ás saídas de estudo que se propoñan 5 C1
C2
C5
C8
C21
Probas de resposta curta Realización dunha proba teórica 65 B1
B2
C5
C8
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Arte e Modernidade é unha asignatura compartida entre dous profesores: Susana Cendán (90%) e Nuria Bouzas (16%)
A metodoloxía da asignatura estructúrase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana) consisten na exposición oral dunha serie de contidos apoiados en soportes audiovisuales cuxo obxectivo é que o alumno alcance puntos de vista propios e globalizadores sobre os contidos da materia.
As introducións teóricas inician ao alumno no territorio da Historia da Arte de forma gradual e ordenada. 

A asistencia ás clases teóricas é un requisito imprescindible para a correcta comprensión dos contidos do programa, supoñendo a mesma un 5% do valor da asignatura.

Prégase puntualidade. 

As CLASES PRÁCTICAS estructúranse en catro grupos ou seminarios de traballo (P1, P2, P3 e P4) dunha hora e media de duración. As clases prácticas amplían e profundan nos contidos teóricos da asignatura, permitindo desenvolver análises sobre problemáticas concretas así como unha participación real e eficaz do alumno. 

Os contidos das clases prácticas son hetereoxéneos e varían en función da actualización anual dos contidos: lecturas e análises de textos, ciclos de cine, exercicios prácticos de repaso da asignatura, accións artísticas, debates sobre problemáticas relacionadas coa creatividade, saídas de estudos, etc.

Para que se contabilicen as clases prácticas, só se permitirán 2 FALTAS e xustificadas.

Prégase a máxima puntualidade. 

A formación dos grupos de traballo ten un carácter limitado no tempo. A profesora indicará o prazo para a conformación dos grupos. 

Sobre as horas de traballo autónomo do alumno. O modelo educativo do EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) aboga por metodoloxías docentes orientadas a favorecer a aprendizaxe activa do estudante, a súa implicación e autonomía. A aprendizaxe non comeza e remata no aula. O alumno, como protagonista do seu proceso de aprendizaxe, debe asumir o papel de actor principal e actuar consecuentemente, tanto dentro como fora do aula: a súa formación depende en gran medida do traballo que realiza fora do aula. Así o contempla o sistema de transferencia de créditos ECTS. 

En definitiva, a avaliación da asignatura Arte e Modernidade conxuga as dúas modalidades que se detallan a continuación: 

1. Unha avaliación continuada baseada na asistencia e realización dos exercicios e actividades propostas aos grupos de traballo no seu correspondente seminario. A perteneza a un grupo de traballo é inamovible. Non se valorará a realización de exercicios fora do grupo de traballo correspondente. Si o seguimiento do traballo é discontinuo (máis de dúas faltas) non se valorará.
Terase en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas estipuladas. A falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente.
A avaliación continuada supón un 35% do valor da asignatura. 

2. Unha avaliación final formalizada nunha proba de exame de carácter sumatorio, e cuxo valor supón un 65% do total da asignatura. A aplicación da presente proba permítelle ao profesor analizar resultados e obter valoracións individuais de cada alumno ao final do cuatrimestre.

DATAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

1ª Convocatoria MAIO:

Xoves 25 de Maio de 10 a 11.30 horas (Salón de Actos)

2ª Convocatoria XULLO:

Luns 10 de Xullo de 12 a 13.30 horas (Salón de Actos)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000