Tema |
Subtema |
TEORÍA |
. |
1- Gráficos de Enxeñaría. Introducción á Normalización |
1.1-Tipos de Gráficos na Enxeñaría para a visualización de datos, a comunicación e a definición dos obxetos.
1.2-Linguaxe gráfica.
1.3-A Normalización. Organismos.
1.4-Normas básicas para a elaboración de planos. Formatos. Liñas.
1.5-Informacións a incluir nos planos. |
2- Xeometría Proxectiva |
2.1-Tipos de proxección.
2.2-Pares, ternas e cuaternas de elementos. Invariantes proxectivos.
2.3-Formas proxectivas.
2.4-Estudio proxectivo das cónicas.
|
4- Fundamentos e Técnicas dos Sistemas de Representación. |
4.1-Fundamentos proxectivos.
4.2-Clasificación e características.
4.3-Paso de un sistema a outro. |
5- O Sistema Diédrico |
5.1-Operacións con puntos, rectas e planos.
5.2-Incidencias, perteñencias e interseccións.
5.3-Abatementos, xiros e cambios de plano.
5.4-Perpendicularidade e paralelismo.
5.5-Medida de distancias e ángulos. |
6- Superficies |
6.1-Clasificación.
6.2-Superficies regradas: desenvolvibles e alabeadas. Aplicacións.
6.3-Superficies curvas. A esfera. Tanxencias e interseccións. A esfera por 4 puntos.
6.4-Cuádricas. Aplicacións.
6.5-Interseccións de superficies. |
7- Poliedros. |
7.1-Tipos de poliedros.
7.2-Os poliedros regulares. Propiedades e simetrías.
7.3-Poliedros semirregulares e irregulares.
7.4-Desenvolvemento. Interseccións.
7.5-Agrupamento de poliedros. Compartimentación do espazo. |
8- Axonometrías |
8.1-Tipos de axonometrías. A isométrica. A cabaleira.
8.2-Operacións no sistema axonométrico.
8.3-Triedros.
|
9- Planos acotados |
9.1-Características do sistema de planos acotados.
9.2-Operacións no sistema de planos acotados. Topografía.
9.3-Cubertas.
|
10- Visualización e Representación de Formas Corpóreas. |
10.1-Vistas normalizadas. Tipos e criterios de selección.
10.2-Cortes e seccións. Obtención e criterios de selección. Adaptación ós sistemas CAD.
10.3-Normativa básica para a definición exahustiva de formas corpóreas. |
11- Elementos e Formas de Acotación |
11.1-Acotación. Elementos básicos. 11.2-Principios xerais de acotación. 11.3-Sistemas de referencia.
11.4-Tipos de acotación. Criterios.
11.5-Normativa básica.
11.6-Tolerancias Dimensionales. Ajustes. |
12- Representación de Elementos normalizados e Conxuntos |
12.1-Representación de elementos normalizados. Elementos roscados.
12.2-Outros elementos normalizados.
12.3-Características dos debuxos de conxunto.
12.4-O ensamblaxe. Representación mediante vistas e cortes apropiados.
12.5-Cotas nos debuxos de conxunto.
12.6-Listas de pezas.
12.7-O ensamblaxe en 3D no ordenador, animacións, estudos de movemento e simulacións. |
13- Fundamentos de simboloxía e representacións esquemáticas para Enxeñaría |
13.1-Simboloxía en Enxeñaría. Iconicidade.
13.2-Representacións esquemáticas.
13.3-Aplicacións.
13.4-Normas. |
PRÁCTICAS.
|
. |
1- DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR |
Presentación do programa por parte do profesor o primeiro día, con breve descripcións das principais características e posibilidades da ferramenta. Inicio con exercicios orientados ó adestramento, que impliquen un percorrido polos comandos e funcións fundamentais. Procederase a xeneración directa de modelos 3D da que derivarán as vistas e cortes necesarios para a súa definición normalizada en 2D. O ensamblado de compoñentes coas restricións axeitadas posibilta a animación dos mesmos e a simulación. Os distintos tipos de cotas (conductoras, conducidas, dependentes dunha ecuación matemática ou dun parámetro) irán aparecendo ó longo do curso. |
2- PRÁCTICAS ORDINARIAS |
Comezarase cun repaso das construccións xeométricas básicas, realizado á man, que necesariamente require de traballo na casa.
Cada parte teórica será complementada con exercicios a realizar durante as horas de práctica, nas sucesivas semanas, que o discente debe completar na casa. En paralelo realizarase o adestramento na aplicación e iranse resolvendo exercicios no computador de modo que se capacite ó estudante para elaborar o traballo final no ordenador.
|
3- TRABALLO PRÁCTICO (TrP) |
Proponse a realización dun traballo práctico (TrP), en grupos de 2/3 alumnos, a modo de pequeno proxecto relacionado coa titulación (conxunto, subconxunto ou grupo de compoñentes que desempeñen algunha función relacionada coa temática aeroespacial), no que atinxe á parte gráfica. A complexidade varía segundo a elección de cada grupo, e debe ser desenvolto durante o curso. |