Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do docente que se ilustran con numerosos exemplos e aplicacións.
Utilizarase Aprendizaxe colaborativa como metodoloxía integrada na actividade.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Formulación, análise, resolución e debate dun problema ou exercicio relacionado coa materia impartida para ilustrar e completar a explicación de cada lección (tanto por parte do docente como dos estudantes). Paralelamente, proporanse exercicios e problemas que os estudantes deben resolver.
Ademais realizaranse prácticas de computador con software matemático de cálculo científico e simbólico.
Utilizarase Aprendizaxe colaborativa como metodoloxía integrada nas actividades.
Titoría en grupo Na titoría en grupo o docente fará un seguimento do proceso de aprendizaxe do alumnado. Preténdese utilizar como un espazo onde os alumnos reciban un feed-back en tempo real da avaliación das actividades realizadas.
Metodoloxías integradas Aprendizaxe colaborativa.
Outros Actividades de recuperación para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000