Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Valorarase o contido do traballo / Valorarase o interese dos resultados 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C4
C6
D2
D3
D6
D7
Presentacións/exposicións Valorarase a exposición e defensa pública do traballo / Valorarase a presentación do traballo 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C4
C6
D2
D3
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Procedemento a seguir para a defensa pública do Traballo

1. Para a superación desta
materia é imprescindible a súa defensa pública ante un tribunal.

2. Para realizar dita
defensa é imprescindible ter superado a totalidade das restantes materias do
Máster
.

3. A defensa pública poderá
realizarse en dúas datas correspondentes coa convocatoria ordinaria do primeiro
cuadrimestre e coa convocatoria extraordinaria de xullo. Estas datas fixaranse
no horario do curso académico correspondente.

4. O/a alumno/a presentará ante
a Coordinación do Máster, 20 días antes
da data de defensa
, tres exemplares do TFM, debidamente encadernados e
presentados. Tamén presentará o proxecto en formato electrónico, debendo subir
o ficheiro á
plataforma de teledocencia Faitic. Pola súa parte, o titor/a asinará e presentará á Coordinación
do Máster o formulario Aprobación do/a titor/a para a defensa do TFM.

5. Composición das comisións
avaliadoras:

As Comisións Avaliadoras estarán
compostas por tres membros, dos cales un deles poderá ser un profesional do
sector ou empresa relacionado co tema do traballo e os dous membros restantes
serán profesores doutores, garantindo a avaliación multidisciplinar dos
proxectos presentados. En
calquera caso, o/a titor/a ou titores do TFM non poderán
formar parte da Comisión Avaliadora.

6. Citación para a defensa:

A Coordinación do Máster
notificará a cada alumna/o a través de correo electrónico o lugar, día e hora fixados
para a defensa do seu TFM, ao menos con sete
días naturais de antelación
respecto da data sinalada para a defensa. A
Coordinación do Máster fará público o calendario completo de defensas.

7. Defensa pública:

a) A defensa do TFM será
realizada polo/a alumno/a en sesión pública, mediante a exposición oral do seu
contido, principais resultados e conclusións acadadas, durante un tempo máximo
de 15 minutos.

b) A continuación, o/a alumno/a
responderá ás preguntas e aclaracións que formulen os membros da Comisión
Avaliadora.

c) A Comisión Avaliadora
deliberará sobre a cualificación a porta pechada.

8. Cualificación:

A cualificación outorgarase en
función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal:

0 - 4,9: Suspenso.

5,0 - 6,9: Aprobado.

7,0 - 8,9: Notable.

9,0 - 10: Sobresaínte.

O 80% da cualificación
corresponderá ao traballo,
mentres que o 20% restante corresponderá
á defensa pública.

Cada Comisión Avaliadora poderá propor a concesión motivada da mención de
"Matrícula de Honra" a TFM que fosen avaliados e que obtivesen unha
cualificación igual ou superior a 9.
A Coordinación do Máster, oídos os presidentes das
Comisións Avaliadoras, decidirá sobre a asignación destas mencións.

A Comisión Avaliadora deberá cubrir e asinar a Acta de cualificación do TFM.

En caso de
suspenso, a Comisión deberá emitir un informe razoado que recolla as principais
deficiencias do TFM. Dito informe farase chegar ao/á alumno/a no
prazo máximo de 15 días
desde a defensa pública do traballo. Se o/a alumno/a
volta presentar o mesmo TFM nunha posterior convocatoria, deberá achegar un
informe explicando o xeito como se emendaron as deficiencias apuntadas pola
Comisión.

As datas e horarios
das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster
para o curso 2016-2017. Non obstante, o calendario pode ser modificado ao longo
do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai
cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames,
prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000