Guia docente 2016_17
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Contidos
Tema Subtema
1. Requisitos que debe reunir o tema escollido 1. Debe responder a un problema, necesidade ou oportunidade de negocio relacionado coa creación e/ou dirección de empresas, e/ou coa xestión da innovación, a tecnoloxía e/ou a calidade.

2. Deberá ter unha entidade suficiente, é dicir, o problema a tratar será o suficientemente complexo.

3. É desexable que o tema escollido garde relación co labor desenvolvido ou problemáticas abordadas durante o período de prácticas, a fin de obter as maiores sinerxías e aproveitamento de ambas actividades do Máster. Se ben a orientación do Máster é eminentemente profesionalizadora, pode acontecer que o traballo asignado ao alumnado no período de prácticas tivese un carácter máis académico-investigador do que estritamente profesional, sobre todo cando as prácticas se realicen en centros de innovación e tecnolóxicos do sistema galego de innovación, dada a diversidade de necesidades de recursos humanos destes centros. Esa especificidade será contemplada no tipo de proxecto de Máster e nos seus procesos de avaliación.
2. Contidos básicos a desenvolver 1. Definición do problema ou obxecto de investigación.

2. Estruturación do traballo.

3. Fundamentos teóricos.

4. Análise empírica, empregando fontes de datos secundarias e/ou primarias.

5. Análise e interpretación de resultados.

6. Redacción e presentación do traballo con criterios académicos no que atinxe a linguaxe, citas, referencias bibliográficas, etc.

7. Exposición e defensa oral do traballo.

8. Desde o punto de vista formal o traballo deberá incluír un índice paxinado, un resumo e as referencias bibliográficas.

A extensión máxima do TFM será de 80 páxinas, sen incluír os anexos. Non obstante, cando o tipo de traballo así o aconselle (Plan de empresa,...), o/a alumno/a e o/a titor/a poderán solicitar á Coordinación do Máster a ampliación deste límite.
Se o desenvolvemento teórico do traballo ten, a xuízo do tribunal, a suficiente entidade e calidade, poderíase prescindir de análise empírica.
3. Procedemento a seguir para a asignación de tema e titor - Á hora de solicitar un tema para o TFM, o/a alumno/a pode optar por un dos incluídos na listaxe publicada pola Coordinación de Máster ou propor un tema non incluído na devandita listaxe. En calquera dos dous casos, o tema proposto contará coa aceptación do titor ou titora.

- O/a alumno/a ten a posibilidade de asociar o seu tema ás prácticas que estea a realizar. Para iso deberá propór á empresa ou institución correspondente a realización dun traballo sobre a propia entidade ou sobre o sector no que se atopa. A entidade debe aceptar a realización de dito traballo e a/o alumna/o deberá comunicalo á Coordinación do Máster.

- O/a alumno/a empregará o Formulario de solicitude de elaboración do TFM, para transmitir a súa proposta de solicitude de tema e titor/a. A solicitude entregarase ante a Coordinación do Máster.

Prazo para a entrega do Formulario de solicitude de elaboración do TFM:
Existen dúas posibles datas límite:
a. 30 de xuño
b. 30 de setembro

- Poderán ser titores ou cotitores todos os docentes do Máster pertencentes á Universidade de Vigo. Ningún/a titor/a poderá titorizar máis de catro proxectos de nova asignación por curso académico.

- A coordinación do Máster poderá autorizar a existencia de cotitores ou cotitoras non docentes do Máster e/ou non pertencentes á Universidade de Vigo.

- A Comisión Académica do Máster será a encargada de aprobar a asignación de temas e titores ao alumnado dentro do mes seguinte á finalización do prazo para a presentación das solicitudes.

- A asignación dun titor ou titora académica e a proposta do TFM será válida para todo o curso académico en que se atopa matriculado cada estudante. Os posibles cambios de titor/a dun curso a outro deben contar co visto e prace de ambos titores, o anterior e o/a novo/a. O cambio de titor/a implicará necesariamente cambio de tema.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000