Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Emprendemento: Valoración e Selección de Ideas de Negocio
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B1 Capacidade de organización e planificación.
B2 Capacidade para deseñar e pór en práctica os plans globais da empresa, tanto estratéxicos como operativos.
B3 Habilidade na procura de información especializada e proveniente de distintas fontes.
B4 Capacidade para a toma de decisións.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B6 Capacidade para a transmisión de ideas e a defensa do propio criterio.
B7 Capacidade de análise e vixilancia dos ambientes empresariais (contorno xurídico, fiscal, social, institucional, etc.).
B9 Capacidade de aprendizaxe.
B11 Capacidade de xerar ideas, de ser creativo en canto a produtos, servizos e procesos da empresa.
B13 Capacidade de desenvolver a iniciativa emprendedora .
C1 Habilidade para o deseño e execución de plans de empresa e a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
D1 Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares.
D4 Capacidade de comunicación, negociación e habilidade para a resolución de conflitos.
D7 Habilidade para traballar de forma autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000