Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Temas Avanzados en Dirección e Administración de Operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Resolución dos casos propostos nas clases presenciais. 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B14
C2
D3
D6
Probas de tipo test Pequena proba de seguimento sobre os contidos tratados na materia. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B14
C2
D3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Oportunidades de avaliación

Os alumnos disporán de dúas oportunidades de avaliación correspondentes coas convocatorias ordinaria (xaneiro) e extraordinaria (xullo). As datas dos exames e de entrega dos traballos fixaranse no calendario académico do Máster; no caso de que non apareza data de entrega de traballos, entenderase que o prazo termina o día anterior á data do examen.

No caso de que o alumno só supere unha das partes, a cualificación desta parte conservarase durante as dúas oportunidades de avaliación.

Entenderase que un alumno non se presenta á materia cando non se presente ao examen, nin entregue parte algunha das actividades propostas nas datas fixadas.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016-2017. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://mastercidie.webs.uvigo.es/index.php/gl/docencia-menu-gl/horarios-e-guia-novo-alumnado).

Observación

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000