Prácticas externas |
O alumnado realizará as súas prácticas nunha empresa ou nunha organización de soporte á investigación e innovación ao longo do último cuadrimestre académico.
Procedemento de asignación de institucións de prácticas a alumnos/as:
- Ao finalizar o primeiro curso do Máster, os alumnos e alumnas interesados en realizar as prácticas deberán comunicarllo á coordinadora do Máster.
- As prácticas en empresas e institucións serán asignadas aos estudantes que así o solicitasen. Os criterios de adxudicación atenderán ao perfil fixado pola empresa, ao rendemento académico, e na medida do posíbel, ás preferencias manifestadas polos estudantes.
Cada alumno/a terá asignado un profesional titor na empresa, que se encargará da súa supervisión. |