Nos primeiros días, realizarase un período de aclimatación inicial, a través dunha fase de observación que permitirá ter un coñecemento xeral da organización.
Nese período os alumnos e alumnas deberán ter adquirido:
a) Un coñecemento da institución ou empresa na que leven a cabo as prácticas e do seu funcionamento. Este coñecemento será froito dunha análise crítica da institución.
b) Unha aprendizaxe do proceso de traballo sistemático na organización.
Período de actuación dirixida
O/a alumno/a deberá empezar a colaborar e participar máis activamente na marcha da organización, integrándose en actividades diversas dentro da organización.
Período de actuación autónoma
O/a alumno/a deberá participar, decidir (ou mesmo liderar) o deseño, dirección, xestión e/ou comercialización de proxectos na organización.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000