Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Prácticas en Empresas ou Organizacións de Soporte para a Investigación e Innovación
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B4 Capacidade para a toma de decisións
B5 Capacidade para a resolución de problemas
B7 Capacidade de análise e vixilancia dos ambientes empresariais (contorno xurídico, fiscal, social, institucional, etc.)
B8 Capacidade de adaptación a ambientes cambiantes
B9 Capacidade de aprendizaxe
C2 Capacidade para identificar, valorar e xestionar as capacidades e o coñecemento organizacional
C3 Capacidade para recoñecer situacións que necesiten do asesoramento de expertos (asesores financeiros, fiscais, xuristas, etc.) así como capacidade para seleccionalos e interpretar os seus ditames
C4 Capacidade para deseñar, implementar e xestionar proxectos innovadores
C5 Capacidade para identificar, desenvolver e crear oportunidades de mercado nas empresas a través da xestión da creatividade e a innovación
C6 Capacidade para aplicar, de forma oportuna, ferramentas e metodoloxías de xestión da innovación
C10 Capacidade para avaliar o impacto e oportunidades que poida xerar a contorna das empresas
D1 Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares
D2 Capacidade para traballar en ambientes de presión
D4 Capacidade de comunicación, negociación e habilidade para a resolución de conflitos
D6 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000