O proceso acelerado de globalización do sistema económico mundial está a orixinar importantes consecuencias para a actividade das empresas, que vense obrigadas, cada vez máis, a actuar nos mercados internacionais. Por iso, é preciso estudar e coñecer os factores que conducen á globalización dos negocios e, sobre todo, as estratexias máis adecuadas para facer fronte a esta nova realidade. Entender e elixir a estratexia de entrada nos mercados exteriores, coñecer a localización das actividades da cadea de valor, comprender as estratexias de comercialización dos produtos ou servizos e analizar a xestión da distancia cultural entre países, son algúns dos obxectivos desta materia.