A avaliación continua consta de dúas probas escritas que se farán ao longo do cuadrimestre e da valoración das prácticas na aula de informática. Para superar estas probas é necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación de 5 sobre 10. Estas probas supoñen o 90% da nota. Ademais valorarase cun 10% sobre a nota final o coñecemento adquirido sobre o programa de computador (actitude en clase e traballo). Considérase que un alumno está en avaliación continua se se presenta a algunha das probas parciais e presenta o traballo requirido na data sinalada. Se un estudante suspende algunha das dúas probas parciais expostas, poderase presentar á convocatoria oficial de maio coa/s parte/s non superada/s ou de xuño onde se lle examinará da totalidade da materia. Aqueles estudantes que optasen pola avaliación continua, en maio serán avaliados polas notas obtidas nos exames realizados (90%) e a valoración do coñecementos adquiridos sobre o programa informático (10%). Se non seguiu a avaliación continua será cualificado coa nota que sacase no exame. En xuño o estudante será avaliado unicamente coa nota que obteña no exame As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias
son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Centro para o curso 2016-2017. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |