1. Primeira oportunidade (maio/xuño):O estudante debe elixir entre un sistema
de avaliación continua ou a realización dun exame final.
a) Avaliación continua:Para poder optar polo sistema de avaliación
continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das
clases. O sistema de avaliación continua consistirá en: 1.- A asistencia
e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación
final. 2.- Realización dun
exame, que representa o 80% da cualificación final, pero ten que ser
superado cun 4 sobre 8, para que se some o 20% da avaliación continua. O devandito exame constará de dous partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30%
da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo
dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
A data e a hora do exame da
primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso
2015/2016.
b) Exame final:
O estudante que non se someta ao sistema
de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame
representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo
test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico
consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da
cualificación final. 3) Exposición e
defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias
da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao
sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da
cualificación final.
A data e a hora do exame da
primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso
2016/2017.
2. Segunda oportunidade (xullo):
1. O estudante
que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo
no mesmo. Nestes casos, o exame, representa o 80% da cualificación
final, pero ten que ser superado cun 4 sobre 8, para que se some o 20% da
avaliación continua. O devandito exame constará de dous partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 30%
da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo
dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
2. O estudante
que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do
mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da
materia.
O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo
test, que representa o 30% da cualificación final. 2) Un caso práctico
consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da
cualificación final. 3) Exposición e
defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias
da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao
sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da
cualificación final.
A data e a hora do exame da
segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso
2016/2017. |