Probas de tipo test |
Proba obxectiva de coñecementos sobre os puntos I, II e III do temario. |
30 |
A1 A3 A4 A5
|
|
|
|
I. Primeira oportunidade (maio/xuño): O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final. Avaliación continua: Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en: 1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación final. 2.- Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final. O exame constará de dous partes: (1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final, (2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
Exame final: O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes: Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.
Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
A data e a hora do exame final da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016/2017. II. Segunda oportunidade (xullo): a. O estudante que se someteu á avaliación continua manterá a cualificación recibida, a que se sumará á súa cualificación final só en caso de aprobar o exame final. Este exame, que representa o 80% da cualificación final, constará de dous partes: (1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final, (2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final. b. O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame final. Este exame representa o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes: Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.
Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
A data e a hora do exame final da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2016/2017. |