1. Primeira oportunidade (maio/xuño):O estudante
debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun
exame final.
a) Avaliación continua:O sistema de avaliación continua consistirá
en: - Dúas probas teóricas tipo test, que se realizarán
nas datas indicadas ao comezo do cuadrimestre. A nota media obtida nestas
probas representará o 20% da cualificación final.
- A realización dun traballo en grupo, que
será exposto e debatido durante as clases prácticas. A nota obtida no
mesmo representará o 10% da cualificación final.
Así mesmo, na avaliación continua valorarase positivamente a
participación activa e fundamentada nas clases, nos foros de discusión da materia e noutras
actividades organizadas polas docentes responsables da materia. - A avaliación
completarase co exame final. Este exame representa o 70% da
cualificación final. O exame constará de dous partes: Unha proba teórica escrita sobre toda a
materia, que representará o 50% da cualificación final. Unha proba práctica escrita consistente no
estudo dun caso. Esta proba representará o 20% da cualificación
final. Para superar o exame final e poder sumar a cualificación obtida en avaliación continua, o estudante terá que aprobar a parte práctica e a parte teórica
A data e o
horario das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Facultade para o curso 2016/2017.
b) Exame final:O estudante que non se someta ao sistema
de avaliación continua realizará un exame final. Este exame representa
o 100% da cualificación da materia. O exame constará de dous partes: - Unha proba teórica sobre toda a
materia, que representará o 80% da cualificación final.
- Unha proba práctica escrita consistente
no estudo dun caso. Esta proba representará o 20% da cualificación
final.
Para superar o exame e ter a
condición de aprobado, o estudante terá que superar a parte práctica
e a parte teórica. É dicir, na proba práctica terá que obter polo menos
un 1 sobre 2 e na parte teórica un 4 sobre 8. A data e o horario das probas de avaliación
das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para
o curso 2016/2017.
2. Segunda oportunidade (xullo):Consistirá para todos os alumnos en un exame
final. Este exame representa o 100% da cualificación da materia. O exame constará de dous partes: - Unha proba teórica sobre toda a
materia, que representará o 80% da cualificación final.
- Unha proba práctica escrita consistente
no estudo dun caso. Esta proba representará o 20% da
cualificación final.
Para superar o exame e ter a
condición de aprobado, o estudante terá que superar cada unha dos seus
partes, a parte práctica e a parte teórica. É dicir, na proba
práctica terá que obter polo menos un 1 sobre 2 e na parte teórica un
4 sobre 8. A data e o horario das probas de avaliación
das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para
o curso 2016/2017. 3. Convocatoria fin de carreira:Para os estudantes que se matriculen
na convocatoria fin de carreira, o exame escrito representa o 100% da cualificación da
materia. O exame constará de dous partes: - Unha proba teórica escrita sobre toda a
materia, que representará o 80% da cualificación final.
- Unha proba práctica escrita consistente
no estudo dun caso. Esta proba representará o 20% da
cualificación final.
Para superar o exame e ter a
condición de aprobado, o estudante terá que superar cada unha dos seus
partes, a parte práctica e a parte teórica. É dicir, na proba
práctica terá que obter polo menos un 1 sobre 2 e na parte teórica un
4 sobre 8.
A data e o horario das probas de avaliación
das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para
o curso 2016/2017. |