- Para a edición de xuño de 2017 haberá dúas formas de avaliación: Opción A: O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se acaba de expoñer. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema de avaliación continua cando se presente a probas que en conxunto representen máis do 50% na nota final. Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación continua. Opción B: O estudante que non se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes ponderacións: proba tipo test (40%), proba de resolución de exercicios (40%) e exame do libro (20%). - Para a edición de xullo de 2017 haberá tamén dúas formas de avaliación: Opción A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas dos cinco tipos de probas realizadas. Soamente poderán subir nota nas seguintes partes: Proba tipo test (30%), Proba de resolución de exercicios (30%) e/ou exame do libro (20%). -Opción B: Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que abarcará unha proba tipo test (40%), unha proba de resolución de exercicios (40%), un exame do libro de lectura (20%). Nota: Aos estudantes que seguiran o sistema de
avaliación continua se lles permitirá elixir tamén a opción B na
edición de xullo, pero será necesario a previa comunicación ao profesor. Fin de carreira: O alumno deberá superar un exame teórico-práctico. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade de Dereito para o curso 2016-17. En caso de conflicto, prevalecerán as datas publicadas na páxina web da Facultade de Dereito. |