O inicio do curso, os alumnos deberán manifestala sua intención de acollerse ou non o sistema de avaliación contínua, mediante a ficha de alumno, que deberá entregarse o profesor nas duas primeiras semans de clases, con expresa indicación da opción elexida.
. PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE EXAME ( CONVOCATORIA DE XANEIRO)
A. Alumnos que opten polo sistema de avaliación contínua: deberán asistir regularmente as clases presenciais ( mínimo un 90%). Este sistema de avaliación contínua esixirá, en todo caso, cumprir coa referida asistencia mínima e, ademais, requerirá unha participación activa e regualr nas explicación, exposicións, actividades ou exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Estas actividades representarán un 60% de cualificación global. O 40 % restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nuha parte teórica de 3-5 preguntas de resposta curta -20%-, e una proba práctica - 20%-, coas características descritas.
B. Alumnos que non se acollan o sistema de avaliación contínua, e aqules que non cumplan os requisitos para a avaliación contínua deberán realizar unha proba final obxectiva que representará 0 100% da sua cualificación. Constará de unha parte teórica e unha parte práctica. A parte teórica - de 3 a 5 preguntas de resposta curta- representará o 60% do total da cualificación, e a parte práctica -problemas ou exercicios prácticos- o 40% restante.
. SEGUNDA OPORTUNIDADES DE EXAME ( CONVOCATORIA DE XULLO)
No exame de xullo os alumnos serán avaliados en base a unha PROBA FINAL OBXECTIVA, que representará o 100% da cualificación, e consistirá nuha parte teórica - 3 a 5 preguntas de reposta curta- que representará o 60% do total, e unha parte práctica -problemas ou exercicios prácticos- o 40% restante.
. FIN DE CARREIRA
No exame da convocatoria de fin de carreira a avaliación terá a mesma estrutura e os mesmos porcentaxes de valoración que na segunda oportunidade de exame ( xullo).
. DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN
As datas e horarios das probas de avaliación son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-2017. |