Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
O alumnado realizará un comentario razoado, de análise e interpretación dos aspectos relacionados coa temática teórica da Xeografía Física. As cuestións plantexadas requiren una resposta estructurada e reflexiva.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos fundamentais da Xeografía Física, a Xeografía Humana e a Análise Xeográfica, integrados no proceso do desenvolvemento do campo disciplinar da Xeografía; Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais. |
60 |
A1
|
B1
|
C1 C3
|
D1 D4 D7 D15
|
Traballos e proxectos |
O alumnado realizará o traballo práctico especificado (inclúe avaliación do uso autónomo das TICs).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social. |
30 |
|
B3
|
C6 C8
|
D4 D7 D11 D15
|
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante una proba escrita que suporá o 70% da nota final e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta. |