Traballos tutelados |
Seguemento e atención individualizada do alumnado na aula, no despacho, na plataforma Moodle, na aula e-meeting ou mediante o correo electrónico, coa intención de resolver os problemas e dúbidas que poidan xurdir no estudo e comprensión dos contidos da materia, preparación de traballos, resolucións de problemas, probas de avaliación, etc.
|
|
Titoría en grupo |
A atención personalizada consistirá na resolución de dúbidas sobre os contidos da materia, metodoloxía utilizada para a realización dos exercicios e revisión das probas da avaliación. O seguemento farase a mediante os seguintes recursos:
Todo o alumnado: curso virtual na plataforma Moodle (FaiTic, UVigo).
Alumnado presencial: seguemento na aula e seminario de informática da facultade.
Alumnado non presencial: aula e-meeting (enlace en FaiTic, UVigo). |
|