A nota total ou global componse dos seguintes termos: PRÁCTICAS/LABORATORIOS(50%) + TEORÍA e PROBLEMAS(40%) + EXAMES PARCIAIS (5%) + PROXECTO VOLUNTARIO EN GRUPO(5%) A maiores, para subir nota poderá optar, en caso de que se organicen, a apuntarse en SEMINARIOS ou outra serie de propostas realizadas dende a Área. Non se poderá subir máis de 2% neste apartado. (*) Incluído en Teoría e problemas. PRÁCTICAS/LABORATORIOS (50%) Obrigatorio ter asistido ao 85% das prácticas 2 traballos (25% +25%) que utilicen as ferramentas aprendidas nos laboratorios. (*) Recórdase que teñen caracter obrigatorio. É necesario telas aprobadas para presentarse ao exame de teoría e problemas. En caso de faltas de asistecia e/ou prácticas suspensas, o alumno deberá examinarse delas. TEORÍA E PROBLEMAS (40%) Obrigatorio ter asistido ao 85% das clases Cualifícase mediante un único EXAME FINAL EXAMES PARCIAIS (5%) O obxectivo é comprobar o seguimento das clases. Pódense realizar en calquera momento e sen avisar previamente. Estará composto por pregunta/s curta/s de resposta en tempo breve (nunca superior a 10). A materia de avaliación poderá abranguer a explicada en clase ou temario anterior PROXECTO VOLUNTARIO EN GRUPO (5%) O obxectivo é potenciar o traballo en grupo e a expresión oral. Será polo tanto un proxecto íntegro e amplo. Este deberá ser exposto publicamente polo grupo e é obrigatoria a asistencia de todos os alumnos da clase posto que se trata de "aprender do que fan os demais" Observacións: NON SE GARDAN NOTAS DUN CURSO ACADÉMICO A OUTRO Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 10:00 – 15/10/2015 - Convocatoria ordinaria 2º período: 10:00 – 11/05/2016 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 10:00 – 01/07/2016 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181
|