Traballos tutelados |
O estudante realizará- de forma individual- un informe sobre un tema relacionado cun dos capítulos da materia. A avaliación deste traballo será realizada tendo en conta a calidade do informe e as respostas do estudante a cuestións curtas durante a presentación oral do traballo. |
10 |
|
B1 B4 B8
|
C32
|
|
A) Primeira Convocatoria
O traballo do estudante será avaliado mediante a realización dos traballos tutorizados:
1. O prototipo circuital: será avaliado o seu deseño calidade do prototipo fabricado, as súas prestacións, e informe final (90% da nota final da materia).
2. O informe sobre o tema a desenvolver, así como a súa reposta ás preguntas curtas que se lle exporán durante unha presentación oral do traballo. (10% da nota final da materia).
Se o estudante non aproba a materia, e asistiu ao 80% das horas presenciais, poderá mellorar os seus traballos, con axuda das suxestións do profesor, e presentalos de novo para a segunda convocatoria, onde serán novamente avaliados de forma similar.
B) Segunda convocatoria:
Se o estudante asistiu ao 80% das horas presenciais, poderá mellorar os seus traballos, con axuda das suxestións do profesor, e presentalos de novo para a segunda convocatoria, onde serán novamente avaliados de forma similar. En caso contrario, disporá de dúas semanas para deseñar, fabricar, medir e avaliar prestacións e escribir un informe dun novo prototipo, suxerido polo profesor. (A nota deste traballo corresponderase 100% da nota da materia)
|