Prácticas autónomas a través de TIC |
O proxecto en grupo no que participa o alumno determinará a meirande parte da cualificación final. O valor da nota dependerá da corrección da solución presentada polo grupo, do informe que a acompañe, da implicación do alumno no desenvolvemento da mesma e da cantidade de tecnoloxías presentadas na materia empregadas na práctica. |
80 |
A1 A5
|
B12
|
C35
|
|
Avaliación continua: Para optar á avaliación continua, é necesario asistir ó 80% das sesións prácticas de laboratorio e realizar as entregas parciais que se indiquen do proxecto de grupo. Cada unha das entregas será avaliada de xeito individual, sendo a nota total da práctica o resultado de ponderar o 50% da nota obtida na última entrega coa media aritmética das entregas anteriores. Tódalas notas asociadas coa realización do traballo en grupo serán compartidas por todos os membros do mesmo. A nota final da materia será a media ponderada entre a nota da práctica (80%) e a nota da exposición do traballo (20%) que será avaliada de xeito individualizado. Avaliación final: Os alumnos que prefiran a avaliación final deberán indicalo ó profesor antes da data da primeira entrega parcial do proxecto de grupo. Nese caso, as súas entregas parciais non serán tidas en conta para a nota, pero si para os demais compañeiros do grupo que opten á avaliación continua. A nota final será, directamente, o 80% da nota obtida na entrega final (única) do traballo e o 20% da exposición. Segunda convocatoria: Na segunda convocatoria os alumnos deberán entregar de xeito individual unhas pequenas modificacións ó proxecto desenvolto ó longo do curso. No caso dos alumnos de avaliación final, esta entrega será o 80% da nota da convocatoria e o 20% restante será, de novo, unha breve exposición do traballo. No caso dos alumnos de avaliación continua, a nota da práctica será a maior que se obteña entre a media ponderada da nova entrega (50%) e as entregas parciais (50%) ou de considerar unicamente a nova entrega. O 20% restante corresponde coa exposición do traballo. |