Prácticas autónomas a través de TIC |
O docente formulará unha serie de exercicios orientados a poñer en práctica as tecnoloxías e técnicas tratadas de forma teórica nas clases maxistrais. En particular, contémplase a realización de exercicios prácticos para resolver no laboratorio sobre i) algoritmos de procura de información de carácter xeral e ii) acceso e manipulación de información representada mediante técnicas de Representación do Coñecemento na Web.
Esta metodoloxía oriéntase, principalmente, á consecución das competencias CB3, CB4, CB5 e CE8. |
Proxectos |
Os alumnos, en grupos de 3 ou 4 persoas, deberán levar a cabo un caso de estudo completo, consistente na formulación, deseño, desenvolvemento e presentación dunha aplicación Web que faga uso das tecnoloxías e técnicas tratadas no temario da materia.
Esta metodoloxía oriéntase, principalmente, á consecución das competencias CB2, CB4, CG5,
CG6, CG8, CE6 y CE8. |