A materia "Redes inalámbricas e computación ubicua" céntrase, principalmente, no estudo das tecnoloxías de rede inalámbricas que sustentan a conectividade e as comunicacións inherentes a contornas en que, tipicamente, usuarios móbiles interactúan entre si e/ou con diversos dispositivos distribuídos na contorna polo que se desprazan, para implementar e/ou gozar de múltiples e novos servizos e aplicacións.
Tamén se abordarán, aínda que en menor medida, aspectos hardware/software fundamentais relacionados cos dispositivos -smart objects- que intervirán neste tipo de comunicacións/aplicacións inalámbricas/móbiles.