Prácticas de laboratorio |
A asistencia a estas sesións é obrigatoria. Se por algún motivo o alumno perdésese algunha, deberá suplila realizando algún práctica/traballo complementario que o profesor definirá no seu momento. Calquera concepto estudado nestas clases prácticas poderá ser tamén requirido no exame final da materia.
O 50% da cualificación da materia provirá do proxecto grupal en que o alumno estea involucrado. O resultado será avaliado despois da súa entrega, valorando aspectos como a corrección, a calidade, a orixinalidade, as funcionalidades desenvolvidas e a presentación e/ou informe final asociado correspondente. Así mesmo, durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo do traballo para valorar a implicación individual de cada alumno no desenvolvemento.
O 15% restante da cualificación provirá de debates que promoverán -con días de antelación- os profesores (e que requirirán traballo previo do alumno); e onde se avaliará a comprensión do tema abordado e a calidade e claridade da presentación que fagan para os demais compañeiros ou/e da súa participación na discusión que suscite o tema tratado. |
65 |
A1 A5
|
B3 B8 B12
|
C7
|
|
A avaliación da materia poderá seguir a canle de "avaliación continua" ou ben "exame final". Un alumno haberá
elixido "avaliación continua" se se presenta a algunha das
sesións de control dos traballos tutelados que seguen á de asignación/presentación do proxecto a realizar (dentro das prácticas de laboratorio). Os alumnos que non opten por realizar a avaliación continua deberán
presentarse a un exame final que constará de tres
partes: unha proba teórica (análoga ao exame teórico final da avaliación
continua), un traballo práctico individual (sustitutivo do traballo grupal titorizado da avaliación continua) e unha proba de aptitude no laboratorio (onde se comprobará a veracidade da autoría do devandito proxecto). Finalmente, a proba extraordinaria de xullo terá as mesmas
características que o exame final que acabamos de describir, coa excepción de que os alumnos poderán herdar a nota dunha
das partes se esta xa foi superada
na proba ordinaria correspondente (avaliación continua ou exame
final ordinario). A proba de aptitude só será
necesaria se non asistiron a todas as sesións de laboratorio.
Outros comentarios
As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.
O uso de calquera material durante a realización dos exames
terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.
|