Prácticas de laboratorio |
Durante as horas de titoría os docentes realizarán unha atención personalizada ben de forma individual -para fortalecer ou orientar ao alumno na comprensión dos conceptos teóricos explicados nas clases maxistrais ou nas sesións demostrativas de carácter práctico- ou ben de forma grupal co seguimento do traballo asociado ao proxecto de certa envergadura que deben realizar con outros compañeiros.
Nestas titorías grupales -que teñen un compoñente de presencialidade obrigatorio (máis ou menos unha hora cada 15 días), debateranse as solucións expostas polos compoñentes do grupo e revisarase e estimulará o que exista unha participación uniforme dos mesmos no desenvolvemento final. |
|