1. Avaliación
continua A materia pode
ser superada coa nota máxima a partir da avaliación continua, sen
necesidade de presentarse ao exame final. Os estudantes que asistan a máis de 2
sesións de laboratorio considérase que optan pola avaliación continua. O peso e o
contido de cada unha das partes da avaliación continua son as
seguintes: 1.1 Proba obxectiva (NExam): - Esta proba cobre todos os contidos impartidos nas
sesións de teoría e consta de exercicios curtos ou de desenvolvemento.
- A data
desta proba coincide coa data do exame final. - O
estudante supera esta parte se obtén unha nota NExam maior ou igual a 4 sobre 10.
1.2 Prácticas
de laboratorio (NPrac): - O
estudante debe completar 4 das 5 sesións de prácticas para superar
esta parte. - O
estudante debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos
guións das prácticas e entregar un informe de resultados
correspondente a cada práctica. A
cualificación de cada práctica depende destes resultados. - Pode ser
realizado de forma individual ou por grupos de 2 alumnos.
1.3 Traballo (NTask): - Asígnase de forma individual a cada alunmo.
- O alumno presenta o traballo de forma escrita.
1.4 Proxecto (NPro): - Pode ser
realizado de forma individual ou por grupos de 2 alumnos. - Debe ser
presentado polos autores de forma oral. - O estudante
supera esta parte se obtén unha nota NPro maior ou igual a 4 sobre 10.
1.4
Cualificación final (Final_ca) A cualificación
final da avaliación continua obtense da seguinte forma: Final_ca: =
(NExam*0.3 + NPrac*0.2 + NTask*0.2 + NPro*0.3) se NExam e NPro son maiores ou iguais a 4; Final_ca = min
[(NExam*0.3 + NPrac*0.2 + NTask*0.2 + NPro*0.3), 4.5] noutro caso; O estudante
que non supera unha ou máis das partes da avaliación continua ten outra
oportunidade para recuperar as seguintes partes no exame final: - Pode mellorar o seu traballo e esta nota substitúe á anterior (Ntask).
- Pode
completar e defender de novo o seu proxecto e esta nota substitúe á anterior (NPro).
2. Exame e
avaliación final Realizarase o exame final ao finalizar o bimestre e na convocatoria de xullo. - No
exame final avalíanse todos os contidos. Consiste en varios problemas
curtos ou de desenvolvemento e dura 2 horas. Para superar o exame final é
necesario obter un 4 sobre 10 e representa o 50% da nota final (NExam). - Os alumnos deben
presentar os resultados das mesmas prácticas de laboratorio realizadas
na avaliación continua. O peso destas prácticas representa o 20% da
nota final (Nprac). - Para
superar a materia os alumnos deben presentar un proxecto cos mesmos
obxectivos e complexidade que o proxecto realizado na avaliación
continua. Este proxecto representa o 30%
da nota final (NPro) e é necesario obter unha nota maior que 4 sobre 10 para superar a materia.
A nota final
(Final_ex) obtense da seguinte maneira: Final_ex: =
(NExam*0.5 + NPrac*0.2 + NPro*0.3) se NExam e NPro son maiores ou iguais a 4; Final_ex = min
[(NExam*0.5 + NPrac*0.2 + NPro*0.3), 4.5] noutro caso; 3. Outros comentarios - As notas
obtidas na avaliación continua ou nos exames finais só son
válidas para o curso académico actual. - Non se permite
o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos
ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben
apagarse e estar fose do alcance do alumno.
|