Guia docente 2015_16
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxías de Rede
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames parciais dunha hora de duración cada un. O primeiro cubrirá os temas 1 a 3, e o segundo os temas 4 a 7. Cada exame parcial ten un peso do 15%. 30 B4
B8
B12
C4
C6
C7
C12
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que cobre toda a materia. 50 B4
B8
B12
C4
C6
C7
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación en actividades puntuables de tipo non presencial en aula virtual. Esencialmente tratarase de resolución de problemas seleccionados dos boletíns, concursos de ideas propostos por profesores, participación en foro de preguntas e respostas. 20 A5
B4
B8
B12
C4
C6
C7
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixase á elección dos alumnos o método de avaliación, continua ou única.

A Avaliación continua (AC) consistirá en tres probas previas máis un exame final:
  • Dous exames parciais (EP1 e EP2) nas semanas 5ª e 9ª, que cubrirán, respectivamente, os contidos dos temas 1 a 3, e 4 a 7. Cada exame parcial ten un peso do 15% na Nota Final (NF).
  • A participación nas actividades puntuables de tipo non presencial en aula virtual (ANP). As ANP representan o 20% da Nota Final (NF)
  • Un exame final (EF) escrito sobre todos os contidos da materia, que ten un peso do 50% sobre a Nota Final (NF)
NF-AC = 0,15x(EP1+EP2) + 0,2xANP + 0,5xEF

A Avaliación única (AU) consisitirá na realización do mesmo EF ao final do cuadrimestre e a nota será a obtida no devandito exame.
Considérase que opta por AC aquel alumno que se presenta ao primeiro exame parcial (EP1), elección que se mantén ata fin de curso. Os alumnos que non se presenten a este EP1, optan obrigatoriamente pola Avaliación Única. No mes de Xullo haberá un novo EF nas datas oficialmente establecidas, que poderá ser realizado por calquera alumno, con independencia de optar por AC ou AU, co obxectivo de mellorar a nota nesta proba con respecto a Maio, e así no cálculo da Nota Final tense en conta a mellor nota das obtidas entre Maio e Xullo.

Considéranse presentados á materia todos os alumnos que se presenten a calquera das probas escritas, EP1 ou EF. As cualificacións de todas as probas escritas, parciais ou finais, e actividades non presenciais só terán efectos no curso académico no que se propoñan
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000