Seminario sobre a Enxeñaría na Sociedade |
Enxeñeiros (se é posible titulados na Escola) fálannos sobre a súa actividade profesional, ou nos aconsellan sobre aspectos de desenvolvemento profesional (EuroPass, colexiación, ámbitos de actuación).
Ao final, enquisas/cuestionarios para facer reflexionar. As respostas úsanse para debates noutra sesión.
Competencias relacionadas: CE15 e CT4 |
Debates sobre o seminario |
Tralas conferencias do seminario sobre a Enxeñaría na Sociedade, debates de media hora tratando de buscar as implicacións éticas ou a influencia que a actividade enxeñaril descrita ten sobre a sociedade.
Competencias relacionadas: CB3 |
Implicacións éticas da Enxeñaría |
Dous casos, extraídos da actualidade e relacionados con actividades enxeñarís con influencia na sociedade.
En clases anteriores ou en FaiTIC, proporciónase información de partida e pódense distribuír roles (encargos a alumnos ou a grupos que defendan unha determinada postura ou opinión).
Presentación do caso e debate en sesións de dúas horas por caso.
Competencias relacionadas: CG9 |
Nunha sociedade multidisciplinar |
A proposta para o traballo en grupos C céntrase na resolución de problemas ou situacións da sociedade na que vivimos, non estritamente relacionados coa Enxeñaría de Telecomunicación, para que os alumnos comprendan a súa implicación en múltiples ámbitos da sociedade e como poden influír nela con solucións expostas desde as súas competencias e habilidades enxeñarís. Non se trata de fabricar ou programar unha solución, senón de buscar unha proposta que sexa factible, agora ou nun futuro con tecnoloxía máis desenvolvida, e que sexa aceptable socialmente. O proceso estaría baseado en técnicas de Design Thinking.
Na formación dos grupos búscase, mediante un test sinxelo de personalidade, a heteroxeneidade dos mesmos, de xeito que se incremente a posibilidade de xerar ideas e solucións.
Ao final do proceso, realizaranse presentacións das solucións que os grupos C atopan aos problemas que se expoñen ao comezo do curso.
Competencias relacionadas: CG7, CE15, CT3 e CT4 |