Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum |
A memoria presentada polo alumno deberá axustarse ás indicacións recollidas nas normativas de prácticas en empresa vixentes (Universidade de Vigo e interna do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación). |
10 |
|
B4 B5 B12 B13
|
C21 C22 C23 C24 C25 C26 C27 C28 C29 C30 C31 C32 C33 C34 C35 C36 C37 C38 C39 C40 C41 C42 C43 C45 C46 C47
|
|
O titor da empresa entregará un informe valorando aspectos relacionados coas prácticas realizadas polo alumno:puntualidade, asistencia, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo e integración na empresa, calidade do traballorealizado, etc.
O alumno/a deberá entregar unha memoria explicativa das actividades realizadas durante as prácticas, especificando a súaduración, as unidades ou departamentos da empresa en que se realizaron, a formación recibida (cursos, programasinformáticos, etc.), o nivel de integración dentro da empresa e as relacións co persoal.
A memoria debe incluír tamén un apartado de conclusións, que conterá unha reflexión sobre a adecuación dosensinos recibidos durante a carreira para o desempeño da práctica (aspectos positivos e negativos máis significativosrelacionados co desenvolvemento das prácticas). Valorarase, ademais, a inclusión de información sobre a experienciaprofesional e persoal obtida coas prácticas (valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo das prácticas,e suxestións ou achegas propias sobre a estrutura e funcionamento da empresa visitada).
Se a memoria presentada polo alumno non alcanza a calidade e requisitos mínimos, o alumno terá oportunidade de rectificalapara a súa re-avaliación na convocatoria extraordinaria de xullo. |