Presentacións/exposicións |
Presentación, por parte dos alumnos, dos resultados dos proxectos desenvolvidos.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias: CT2, CT4, CG4, CG9 e CE87. |
Prácticas de laboratorio |
Realización, por parte dos alumnos, de prácticas guiadas e supervisadas no laboratorio .
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CT2, CT3, CG3, CG4, CE87 e CE88. |
Metodoloxías integradas |
Utilízase ensino baseado en proxectos de aprendizaxe: os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto ao longo do cuadrimestre para resolver un problema complexo mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CT2, CT3, CT4, CG3, CG4, CG9, CE87 e CE88 |