Ao comezo do curso o alumno debe escoller o método de avaliación: exame final ou avaliación continua. Toda a documentación do curso realizarase en inglés, así como as presentacións. A avaliación de informes e prácticas realizarase igualmente en inglés. O último exame pódese responder en inglés, galego ou castelán. A materia será avaliada a través dun dos seguintes mecanismos: Exame final: O exame incluirá preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nas prácticas en aulas de informática e nas prácticas de laboratorio. Será necesario para aprobar o exame obter un 5 sobre 10. Avaliación continua (os estudantes que escollan este método non poderán presentarse ao exame final na primeira convocatoria). A materia será avaliada ao longo de todo o curso: Prácticas en aulas de informática: cada estudante realizará diferentes prácticas. A súa avaliación terá un peso dun 40% na nota final. Traballos tutorizados: cada estudante realizará en diferentes traballos tutorizados que se proporán ao longo do curso. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso dun 5% na nota final. Prácticas de laboratorio: cada estudante realizará diferentes prácticas de laboratorio. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso dun 10% na nota final. Proba de resposta curta: este exame será a última proba da avaliación continua, e terá un peso do 45% da nota final. Exame de recuperación: o estudante realizará un exame que incluirá cuestións e/ou problemas relacionados cos contidos impartidos nas sesións maxistrais, as prácticas nas aulas de informática, as prácticas de laboratorio e os traballos tutorizados (100% da nota final). Opcionalmente, os alumnos poderán realizar unicamente un exame parcial sobre a materia impartida nas sesións maxistrais (45% da nota final). Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas este curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual. |